queipo 3

Xavier Queipo Xavier Queipo (Santiago, 1957), licenciado en Bioloxía e Medicina e Cirurxía, desde 1989 vive e traballa en Bruxelas como funcionario da Unión Europea. É un dos autores que durante a década de 1990 incorporou á narrativa galega rexistros e temas nos que salientan a heterodoxia e o gusto pola hibridación cultural. En 1990 obtivo o Premio da Crítica Española con Ártico e outros mares, libro ó que seguirían os relatos de Ringside (1994) e O ladrón de esperma (2001, Premio Café Dublín) e as novelas O paso do noroeste, coa que obtería o Premio García Barros en 1996, Malaria sentimental (1999), Papaventos (2001) e Dragona (2007).

Seguindo unha liña de confluencia de xéneros e ruptura de lindes narrativos, publicaría Diarios dun nómada (1994), Contornos (1995), Mundiños (1995), Manual de instruccións (1999) e Os ciclos do bambú (2004). Nos dominios de leviatán (2001) é a súa achega ao eido da poesía. En 2007, publicou na colección Costa Oeste a novela curta Saladina.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

minutos-para-medianoite
mercar
Minutos para medianoite
Partindo do tanxíbel,12,00€
Os kowa
mercar
Os kowa
Premio Blanco Amor 201518,70€
artico
mercar
Ártico 2.0
Versión nova e ampliada do texto co que Xavier Queipo obtivo o Premio da Crítica española en 199118,30€
saladina
mercar
Saladina
Velaquí un libro de amador, como anuncia o propio autor. Un libro que bebe das mesmas fontes onde Cunqueiro encontrou a Sinbad. Un libro de libros, ou de historias para engaiolar lectores.9,80€
carta
mercar
Cartas marcadas
O novo libro de Xavier Queipo establece un xogo dobre co lector, xa que se trata duns textos difundidos previamente na web culturagalega.org, do Consello da Cultura Galega, que se publican despois nun libro. Texto electrónico e texto impreso para dous tipos de lectura e momentos diferentes.19,90€
ciclos bambu
mercar
Os ciclos do bambú
Os ciclos do bambú descóbrenos unha Asia insólita: o antigo imperio do Vietnam, os costumes funerarios de Bombai, os soños dun lama ou o metro de Hong-Kong, como escenario da perda da identidade.10,20€

Recensións


Noticias relacionadas

Redescubrir ÁRTICO2011-11-29 09:41:19
Actos de Galaxia no Festigal2012-03-27 10:32:07

Actividades relacionadas


Novidades

fina-a-pirataFina a pirataHelena Villar Janeiro
follas-novas-literaria-ensinoL. Ensino: Follas novasRosalía de Castro
aires-da-mina-terraL. Ensino: Aires da miña terraManuel Curros Enríquez
red-lionRed LionMaría Alonso Alonso
minutos-para-medianoiteMinutos para medianoiteXavier QueipoRamón Neto

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR