xavier lama

Xavier Lama Naceu en Guntín (Lugo) en 1962. Estudou Ciencias da Información en Madrid e é un dos rostros máis coñecidos da breve historia dos informativos da Televisión de Galicia. O seu labor xornalístico ten sido recoñecido con diversos galardóns, entre os que figura o Premio Galicia de Comunicación en 1989.

Como escritor iniciouse con textos dramáticos e poéticos. No ámbito do teatro gañou en 1993 o premio Camiño de Santiago por O peregrino errante que cansou ó demo e en 1995 o premio Rafael Dieste por O serodio remordemento do amor. Xunto a Quico Cadaval escribiu Memoria de Antígona. Como poeta é autor de O fotógrafo Helmut Newton ten unha visión da eternidade. Coa súa primeira entrega narrativa, Os moradores da nada, obtivo o premio Álvaro Cunqueiro de 1995.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

moradores da nada
mercar
Os moradores da nada
Unha abigarrada galería de personaxes imaxinarios, todos eles empeñados en facer burla dun Destino implacable.13,70€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

milicianosMilicianosCastelao

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR