xavier-castro

Xavier Castro Xavier Castro P. é catedrático de E. U. de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. Impartiu docencia na Université de Rennes e na École des Hautes Ètudes en Sciences Sociaux, de París. Comisario de exposicións, tradutor e conferenciante, foi subdirector da revista Grial e asesor histórico de series da TVG: As leis de Celavella, A casa de 1906 e Lobos e cordeiros. É membro da comisión científica da Fundación Dieta Atlántica. Salienta a publicación da súa tese de doutoramento O galeguismo na encrucillada republicana (Deputación de Ourense, 1985, mención de honra do Premio Otero Pedrayo, 1983) e do libro Castelao e os galeguistas do interior. Cartas e documentos 1943-1954 (Galaxia, 2000). Considerado un relevante especialista en historia social, da alimentación, a gastronomía e o viño en Galicia, polas súas publicacións: A lume manso; Ayunos y yantares (Premio Nacional de Gastronomía); A la sombra ejemplar de los parrales; A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia; A mesa e manteis (Premio Gourmand World Awards) e Yantares gallegos. Historia de la dieta atlántica. Tamén recibiu o premio Picadillo do Fó-rum Gastronómico (2015).


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

9788491514268
mercar
Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. (Séculos XIX e XX)
Un traballo de investigación histórica escrito nunha linguaxe achegada ao gran público e afastada dos enfoques académicos.28,90€
rosa
mercar
A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia
Premio Gourmand World Cookbook Award 2010 na categoría Best Wine History Book25,75€
lume manso
mercar
A lume manso. Estudios sobre historia social da alimentación
A Lume Manso é un documentado e ameno estudo sobre aspectos materiais, sociais e simbólicos da historia da alimentación en Galicia.17,95€
foto
mercar
Castelao e os galeguistas do interior. Cartas e documentos
Recolle as cartas que cruzaron Castelao e os galeguistas do interior entre os anos 1943 e 1947, e inclúe resolucións e informes internos do Partido Galeguista e as actas constitutivas do Consello de Galiza e do Pacto de Galeuzca.19,75€

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR