xavier

Xavier Alcalá (Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enxeñeiro de telecomunicacións amais de colaborar na prensa, actualmente cunha columna en La Voz de Galicia. Instalado en Galicia desde a nenez, iniciou a súa obra literaria con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), obra á que ían seguir títulos coma A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996, reeditada en Galaxia no 2010) e Alén da desventura, novela coa que obtería o Premio Blanco Amor no ano 1998. O seu último proxecto narrativo foi a publicación da triloxía "Evanxélica memoria", na que se relata a epopea das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007).


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

pack evanx
mercar
Oferta Evanxélica memoria
Historia silenciada dunha longa persecución20,00€
Fábula
mercar
Fábula
Un importante período da historia galega máis recente, visto con ironía e sarcasmo.17,00€
fronteiras
mercar
Entre fronteiras
Entre fronteiras narra a historia da represión das comunidades evanxélicas en Galicia no primeiro terzo do século XX.15,00€
nosa cinza
mercar
A nosa cinza
Unha novela sobre o paso da infancia á adolescencia na que resulta doado identificarse co protagonista.16,20€
pack arxentina
mercar
Oferta Arxentina
Soños e aventuras no sur do mundo15,00€
luz
mercar
Unha falsa luz
Nesta terceira parte da triloxía "Evanxélica memoria", Xavier Alcalá continúa o relato da historia oculta das comunidades evanxélicas en Galicia.15,00€
nas catacumbas
mercar
Nas catacumbas
Unha posguerra cruel. A nova entrega da triloxía "Evanxélica memoria", proxecto narrativo co que Xavier Alcalá conta en clave de novela a represión sufrida polas comunidades evanxélicas en Galcia, céntrase no período que vai do final da Guerra Civil ao remate dos anos corenta. Nas catacumbas enfronta o lector ou lectora coa realidade dunha posguerra cruel, marcada pola brutalidade fascista e pola resistencia dos derrotados, que tentan sobrevivir nunha sociedade consumida e aferrollada polo medo.15,00€
viaxes elal
mercar
Viaxes no país de Elal
Un libro de viaxes que tamen é relato de aventuras, crónica de actualidade e fascinante persecución das pegadas da participación galega na colonización da Patagonia.10,00€
pagos huinca
mercar
Nos pagos de Huinca Loo
Unha novela ambientada nas duras terras patagónicas, protagonizada pola xeración dos fillos dos colonizadores nun tempo no que "o avanzar penoso das carretas fora substituído polo descaro veloz do ferro, o fume e o vapor".10,00€
latitude austral
mercar
Latitude Austral
Unha novela feita co tecido de varias historias que nos contan distintos episodios desa epopeia sen fin en que consistiu a conquista de América.10,00€
verde
mercar
Verde oliva
O autor narra en primeira persoa a historia dunha inmigrante burguesa que se converte en axente do 26J e participa en misións arriscadas durante a revolución castrista.22,95€
morse
mercar
Código morse
Nova edición, revisada polo autor, desta novela de aventuras e vida pacega que Xavier Alcalá publicara en 1996. O escritor mergulla os lectores nunha historia na que as mensaxes codificadas, os espellos e o trasmundo configuran un universo de misterio narrado con verosemellanza e capacidade para engaiolar.22,50€
voltar
mercar
Voltar
Seis relatos unidos polo desexo común dos personaxes de recuperar a súa identidade.12,40€
carcere verde
mercar
Cárcere verde
O lector acompaña a un grupo de busca-fortunas ata os límites das súas vontades, prisioneiros da selva.15,90€
foto
mercar
Alén da desventura
Un libro que promete e cativa coa fascinación dunha prosa viva e actual.19,10€
fumes papel
mercar
Fumes de papel
Novela sinxela e realista que chama a atención sobre a incapacidade do pobo galego para explotar os recursos do país.12,40€
foto
mercar
La Habana Flash
Unha viaxe á Cuba de hoxe cos galegos que viven na illa como protagonistas.16,50€
 

Recensións


Noticias relacionadas

Unha comunidade perseguida2007-02-21 15:13:03
VERDE OLIVA2012-11-05 15:04:25
O libro do mes2012-11-05 15:04:25
Falando cos nosos autores2012-12-18 09:20:13

Actividades relacionadas

Presentación de VERDE OLIVA2012-08-08 20:00:00
Tertulia con Xavier Alcalá2012-10-11 19:00:00
VERDE OLIVA en Miami2012-11-15 21:00:00

Novidades

grial-214Grial 214 VV.AA.
unha-ducia-de-galegosUnha ducia de galegosVíctor F. Freixanes

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR