xaquin-marin

Xaquín Marín Xaquín Marín é dos autores máis clásicos das viñetas galegas. Desde o inicio da súa carreira ten compaxinado ilustración, BD e un inxente labor como cartelista e humorista gráfico. Asinou álbumes de BD como ""Dos pés á testa". Ten colaborado cunha infinitude de publicacións que inclúen "Teima", "A Nosa Terra", "El Ideal Gallego", "Das Kapital", "Can sen dono", "A ameixa cacofónica", "Diario16", "La Codorniz" e "Hermano Lobo". Colaborou regularmente coa revista "Golfiño" nas súas dúas etapas. Defensor das libertades e da lingua galega nos anos finais da dictadura, contribuiu activamente a iniciativas artísticas posteriores como a resposta crítica á crise do Prestige, promovendo a exposición "Humor Cru" e participando no álbum de cómic "H2Oil" (2003). Xaquín é a alma mater e director do Museo do Humor de Fene, unha iniciativa sen parangón no estado.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

tonecho
mercar
Tonecho
A Editorial Galaxia recupera o mítico Tonecho de Xaquín Marín20,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514435O caderno de RosalíaMaría Xesús Blanco
9788491514398VillardevósSilvio Santiago
grial-224Grial 224 VV.AA.
rimaletrasRimaletrasMar Guerra

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR