vaqueiro

Vítor Vaqueiro Vítor Vaqueiro (Vigo, 1948) estudou Ciencias Químicas na Universidade de Santiago e despois duns anos de exercicio docente no ensino medio decidiu dedicarse á fotografía, en torno á cal impulsou numerosas actividades. A súa andaina literaria está marcada pola poesía, xénero que cultivou case en exclusiva durante os 80 e ao que legou títulos como Lideiras entre a paisaxe (1979), Informe da gavilla (1980), Camiño de Antioquía (1982, Premio Esquío), A fraga prateada (1983, Premio da Crítica Española) e A cámara de néboa (1989).

O seu primeiro libro de narracións foi O soño dirixido (1992), ao que seguiu Os xenerais de África (1999). Tamén desenvolveu un importante traballo no eido da divulgación, froito do cal son os libros Guía das festas populares de Galicia (1997, en colaboración con X. M. González Reboredo) e Guía da Galiza máxica (1998).

En 2008 publica en Galaxia a novela Os espellos do tempo.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

mito
mercar
Mitoloxía de Galiza
Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres25,00€
norte portugal
mercar
Guía do Norte de Portugal
Máis de 270 fotografías e ilustracións en cor, mapas e planos0,00€
festas
mercar
Guía de festas populares de Galicia
Esta guía amosa un catálogo moi completo dos festexos máis famosos e con máis tradición en Galicia.0,00€
galicia magica
mercar
Galicia mágica
Unha viaxe iniciática: a Galicia que non coñecemos13,50€
soño
mercar
O soño (re)dirixido
Un conxunto de calas no evolucionar humano a través de vinte relatos18,70€
gavila
mercar
Informe da gavilla
O segundo libro de Vítor Vaqueiro, un poemario no que destacan o traballo lingüístico e a tensión de ton épico do texto.8,70€
foto
mercar
Os xenerais de África
Dez relatos de coidada estética que teñen como escenario a cidade de Vigo.12,50€
nomes morte
mercar
Os nomes da morte
Unha novela construída a través dos testemuños de numerosos personaxes.23,70€
fraga prateada
mercar
A fraga prateada
Un libro que leva a cabo un desenvolvemento poético do mito, sobre a súa vertente tradicional e sobre a súa pervivencia.8,70€
foto
mercar
Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria
Un compendio ben estructurado e completo que informa e engaiola o lector co relato dos enigmas e segredos da Galicia eterna0,00€
espellos
mercar
Os espellos do tempo
Entre a fotografía, a imaxe e a literatura, a nova novela de Vítor Vaqueiro sitúa os lectores
perante unha narrativa que transcribe os fragmentos do real.
19,70€
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR