virxinia

Virginia Woolf Adelina Virxinia Stephen, máis coñecida como Virginia Woolf, naceu o 25 de xaneiro de 1882 en Londres.

A escritora comezou a plasmar desde os seus inicios o desexo de ampliar as leis narrativas ata límites todavía non acadados por ninguén. Deste xeito, Virxinia Woolf destacou polo seu desenrolo do monólogo interior e o estilo poético das súas novelas, que xa utilizou nos seus comezos: A fin da viaxe (1915), Noite e día (1919) e O cuarto de Jacob (1922). Nas novelas siguintes, como A señora Dalloway (1925) e a autobiográfica Ao faro (1927), a influenza da psicoanálise de Freud e o desenrolo do monólogo interior permiten á autora crear unhas personaxes que reflicten fielmente os seus pensamentos e emocións e que, ao igual que nas obras de Marcel Proust, adéntranse nunha idea do tempo abstracta e metafórica.

Do resto das súas novelas cabe destacar As ondas (1931) onde a escritora acada o máximo nivel de evasión por medio do monólogo interior das personaxes; Orlando (1928), baseada na vida de súa amiga Vita Sackville-West, que consiste nunha fantasía histórica á vez que nunha análise do sexo, a creatividade e a identidade; e, por último, Un cuarto propio (1929), na que defende os dereitos da muller.

A actitude depresiva da escritora tanto pola desesperación da fugacidade das cousas, como pola súa preocupación en impedir as Guerras Mundiais e evitar o desprezo da muller, levouna ata o suicidio o 29 de marzo de 1941, cando se encheu os petos do seu vestido con pedras e se botou ao río.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

as ondas
mercar
As ondas
Un clásico do século XX que engaiola a lectoras e lectores pola fondura e sutileza coa que penetra na experiencia humana.16,70€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala
9788491514060A sombra das árboresAna Abad de Larriva
9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR