víctor

Víctor F. Freixanes Víctor Fernández Freixanes (Pontevedra, 1951) é doutor en Filoloxía Románica, pasou da docencia escolar ao xornalismo, de aí ao mundo da edición e, finalmente, á universidade. Actualmente é profesor de xornalismo en Santiago de Compostela, presidente da Real Academia Galega. En 1980 gañou o Premio Modesto R. Figueiredo co relato "A caza das cascudas". Posteriormente, coa súa primeira novela, O triángulo inscrito na circunferencia (1982) obtivo o Premio Blanco Amor. En 1989, publica O enxoval da noiva, novela que recrea a Roma dos Borgia, e en 1993 gaña o Premio Torrente Ballester con A cidade dos césares. Antes dera ao prelo Unha ducia de galegos (1976), fito na recuperación da memoria do galeguismo a través do xénero da entrevista, e Memoria dun fuxido (1980), baseada na vida do guerrilleiro Manuel González Fresco. En 2010 publica en Galaxia a novela Cabalo de ouros, co que obtivo o Premio Autor do Ano da Federación de Libreiros de Galicia. En 2012 obtivo o 1º premio 'Rosa dos Ventos' concedido polo alumnado de bacharelato do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

unha-ducia-de-galegos
mercar
Unha ducia de galegos
Conversas con: Ramón Otero Pedrayo * Valentín Paz-Andrade * Luís Seoane * Eduardo Blanco Amor * Ramón Piñeiro * Celso Emilio Ferreiro * Xaime Isla * Xesús Alonso Montero * Xosé Manuel Beiras * Xosé Luís Méndez Ferrín * Monseñor Araúxo Iglesias * Carlos Casares22,90€
cabalo
mercar
Cabalo de ouros
Premio da Crítica Española 2010 de narrativa en lingua galega19,00€
triángulo
mercar
O triángulo inscrito na circunferencia
Unha referencia obrigada no panorama literario galego do último terzo do século XX.25,90€
enxoval
mercar
O enxoval da noiva
O papa Rodrigo Borgia celebra solemnes vodas para casar a súa filla Lucrecia co vinculeiro de Ferrara. ¿Quen é ese estraño cabaleiro que ven na embaixada dos ferrareses?16,80€

Recensións


Noticias relacionadas

Falando cos nosos autores2012-12-18 09:20:13

Actividades relacionadas


Novidades

guedellasdesedaelino2017Guedellas de seda e liñoMaría Victoria Moreno
grial-214Grial 214 VV.AA.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR