uxio

Uxío Novoneyra Uxío Novoneyra (Parada de Moreda, O Courel, 1930-Santiago de Compostela, 1999). Realizou estudos en Lugo e Madrid, nesta última cidade na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Complutense. Iniciado no galeguismo nacionalista da man de figuras como Carlos Maside, Otero Pedrayo e Ramón Piñeiro, entre os anos 1962 e 1966 vai residir a Madrid, traballando na radio e na televisión, converténdose nun gran divulgador da poesía galega e universal. Relacionado así mesmo co grupo Brais Pinto e participante nas tertulias do café Gijón, Uxío Novoneyra proxectou sobre o Madrid artístico e cultural unha notable presenza literaria e humana.

Retornado ao Courel no ano 1966 e afincado definitivamente en Santiago de Compostela desde o ano 1983, exerceu a presidencia da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) ata a súa morte, e desenvolveu unha importante actividade como recitador de poesía, tarefa en que foi un consumado mestre. Considerado un clásico vivo desde a súa mocidade por lectores e crítica, faleceu no outono de 1999 en Santiago de Compostela.

Entre as súas obras, cómpre salientar Os eidos (1955), Os eidos 2 (1974), Muller pra lonxe (1987) e Do Courel a Compostela: 1956-86 (1988).

En 2010 é o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

novoneyra
mercar
Uxío Novoneira. Antoloxía poética
O profesor e poeta Arturo Casas, un dos críticos literarios galegos de maior prestixio, prologa e selecciona esta escolma da obra poética de Novoneyra.10,00€
courel
mercar
Do Courel a Compostela
Inclúe CD coa voz de Uxío Novoneyra recitando os seus poemas20,75€

Recensións


Noticias relacionadas

PARA DEIXAR DE DICIR ADEUS2011-06-28 10:52:50
Remata o ano Novoneyra2011-03-18 10:23:08

Actividades relacionadas

DÍA DAS LETRAS GALEGAS2010-05-17 09:00:00

Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR