FOTO UXÍA SENLLE

Uxía Uxía leva máis de 25 anos de carreira artística que a converten nunha das voces máis populares e valoradas da nosa lingua. As súas cancións teñen sempre a presenza latente ou explícita da música tradicional, cun tratamento anovador e persoal.
Desde o seu debut con "Foliada de Marzo" en 1986, o seu traballo representa un punto de encontro para as diferentes culturas, un xeito de comunicación entre pobos e xentes.
Integrante do grupo Na Lúa ata 1991, Uxía emprende un camiño en solitario que responde a unha natural evolución da súa traxectoria. Nese mesmo ano publica "Entre cidades", e catro anos despois, "Estou Vivindo no ceo", disco moi valorado pola crítica que afianza a súa proxección internacional.
En 1997 edita xunto ás cantantes Rasha (Sudán) e María Salgado (Castela) e o guitarrista Cuchús Pimentel "La sal de la vida", un disco marcado pola diversidade e polo cruce cultural.
Xa en 2000 publica "Danza das areas", traballo que representa un punto de inflexión no seu camiño con composicións propias e sons máis contemporáneos.
Sempre tivo a convicción de que un pobo que cantou desde tempos inmemoriais non pode perder un instrumento tan fundamental como a propia voz. Por esa razón, promoveu a creación de grupos de cantareiras como Malvela ou Cantadeiras do Berbés e participou en numerosas experiencias musicais con artistas da talla de Tito Paris, Jessie Norman, Dulce Pontes, Noa, João Afonso ou Chico César,entre outr@s.
Salienta tamén o seu labor como productora musical en discos como "Vida Miña" e "Interior" de Emilio Rúa, "Na Flor dos meus anos" de Señora Carmen e Malvela, publicados por Malvela, e "A nena e o grilo" de Magín Blanco.
Uxía recolle nas súas composicións a esencia de todas esas experiencias que a teñen levado a un contacto permanente con músic@s de culturas afíns. Todo xorde e flúe como unha consecuencia natural da relación permanente con artistas destas latitudes e da escoita atenta e continuada das súas músicas ou as músicas tradicionais que as inspiraron.
A súa paixón pola mestizaxe consegue unir e reunir voces, instrumentos, ritmos, sons... é un imán para o talento, e así o demostra como directora artística na creación do Festival Internacional da Lusofonía "Cantos na Maré", un espectáculo concibido como punto de encontro de artistas da área lusófona no que o escenario se transforma nunha festa multicultural coas mellores voces de Portugal, Brasil, Cabo Verde, Guinéa Bissau, etc.
Entre outros moitos traballos, percorreu o país en 2012 co espectáculo familiar "María Fumaça" (Editorial Galaxia).


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

as-que-mais-molan-maria-fumaca
mercar
As que máis molan!!!
Estamos de festa,15,00€
Canta o cuco
mercar
Canta o cuco
Que acontece cando dous grandes da música como Uxía e Magín van de visita á casa dun grande da poesía como Manuel María?20,00€
maria
mercar
María Fumaça
PREMIO DA WEB FERVENZAS LITERARIAS AO MELLOR LIBRO INFANTIL DO ANO 2012 INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE IBBY 'The World Through Picture Books', 2016 Cantar e bailar para ser máis feliz!22,00€
Xiqui xoque, fiú fiú!
mercar
Xiqui xoque, fiú fiú!
Apetéceche subir con Ruí, con Uxía e con toda a familia Fumaça para cantar e Bailar? O tren está a piques de saír!!!22,00€
Rosalía pequeniña
mercar
Rosalía pequeniña
A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Uxía déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía.20,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas

'Rosalía pequeniña' en Mos2013-06-12 15:51:59
Galaxia no Festigal2013-08-06 09:20:04
María Fumaça en Vigo2014-01-07 08:51:04

Actividades relacionadas


Novidades

grial-216Grial 216 VV.AA.
ofacedordeteatroO facedor de teatroThomas Bernhard
o-morto-asasinadoO morto asasinado e outros contosMaría do Carme Kruckenberg

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR