thomas-bernhard

Thomas Bernhard (1831-1989) é un poeta, novelista e dramaturgo austríaco de expresión alemá que figura entre os autores contemporáneos máis recoñecidos pola calidade e a extrema novidade da súa obra. De neno, estudou música grazas ao empeño do seu avó, Johannes Freumbichler, e de mozo interpretación na Universidade Mozarteum de Salzburgo. De saúde febre por mor da tuberculose, a súa vida vai estar moi marcada pola experiencia do abandono, da soidade, e a súa obra pola presenza da morte, da tolemia, da podremia, e por unha visión crítica da realidade social e cultrual do seu país. Tal vez por iso o monólogo adquira en toda ela unha presenza enorme, sempre sometido a unha permanente experimentación formal. En galego, realizouse a tradución da peza Na meta (Am Ziel, 1981), que foi espectáculo en 2010 con dirección de Ana Contreras e Afonso Becerra. En 1970, Bernhard recibiu o premio Georg Büchner, o máis importante das literaturas en lingua alemá.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

ofacedordeteatro
mercar
O facedor de teatro
É unha peza en catro escenas na que se presenta unha crítica dura da profesión teatral no seu conxunto, comezando polos autores e rematando polo críticos.15,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

senlleirasSenlleirasAntía Yáñez Rodríguez
palabra-de-bruxaPalabra de bruxaAndrea Barreira Freije

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR