Foto Sérgio Tannus

Sérgio Tannus Sérgio Tannus é un dos artistas mais completos da safra brasileira. Autodidacta, virtuoso en instrumentos variados, como guitarras, violões, baixos, cavaquinho, bandolim e percusións, o músico foise perfeccionando na procura de novas sonoridades, aliadas ás influencias universais, sen entretanto deixar de lado as súas raíces brasileiras. Desde o 2006 vive en Santiago de Compostela, en Galicia, desde onde está a divulgar o seu traballo como multi-instrumentista e cantautor por varios países de Europa.
Desde a súa chegada a Galicia, ven compartindo experiencias e colaboracións, como músico acompañante e/ou produtor musical, con artistas como Uxía, Antonio Zambujo, Carlos do Carmo, Chico Cesar, Lenine, João Afonso, Kepa Junkera, entre moitos outros. Alén diso, tamén co-produciu e gravou varios CDs infantís de moito éxito en Galiza (como "Maria Fumaça" e "Rosalía pequeniña" ambos xunto á cantante e produtora Uxía) e produciu "Pitusa Semifusa" (de Olga Brañas). Tamén actuou co seu trío en obras teatrais como "Ordem e Progresso", xunto ao grande humorista e monologuista Carlos Blanco.
Desde xullo de 2013, Tannus agregou ao seu vasto currículo musical outro importante proxecto, aceptando a invitación de formar parte da banda e xira mundial da cantante Dulce Pontes, unha das mais significativas e coñecidas voces de Portugal e do mundo. Tras percorrer varios países europeos, a colaboración rematou en marzo de 2014, co fin de que Tannus puidese centrarse nos seus proxectos independentes.
Colaborador co tecido cultural galego desde a súa chegada a Galicia, en 2006, Sérgio Tannus soubo ver e valorar as e os artistas cos que se atopou durante todos estes anos, cos que quixo establecer unha relación musical enriquecedora para ambas as dúas partes.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

Alegría
mercar
Alegría!
Unha historia engaiolante. Unha música que conseguirá un sorriso de felicidade para todas e todos.20,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491515562TiAnjel Lertxundi
9788491514879Benvidos á cidadeXurxo Sierra Veloso
poeta-en-nova-yorkPoeta en Nova YorkFederico García Lorca
9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR