sarah

Sarah Kane Sarah Kane (Essex, 1971-Londres, 1999), logo de iniciarse na práctica do teatro na educación secundaria, cursou estudos de grao en artes escénicas na Universidade de Bristol e de posgrao na Universidade de Birmingham. Ao mesmo tempo, participou en eventos tan importantes como o Festival de Edimburgo, onde presenta espectáculos e coñece todo tipo de propostas anovadoras.

Na conformación da súa escrita van ter unha considerable influencia autores como Samuel Beckett, Caryl Churchill, Howard Barker ou Georg Büchner. A súa obra supuxo un forte revulsivo na escena británica do seu tempo, sobre todo pola crueza dos temas recreados e pola súa preocupación
formal, lonxe do paradigma dominante da obra ben feita. Trátase dunha das autoras máis lúcidas e experimentais de todo o século XX.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

obra
mercar
Obra dramática completa
En colaboración coa Escola de Arte Dramática de Galicia e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, Editorial Galaxia tira do prelo un novo título da colección Biblioteca ESAD dedicada a textos teatrais traducidos para o galego. Trátase da Obra dramática completa de Sarah Kane, unha das grandes innovadoras do teatro inglés do derradeiro cuartel do século XX. O libro leva un interesante e documentado limiar de Manuel F. Vieites, que tamén se fixo cargo da tradución.22,95€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR