salustio

Salustio Gaio Salustio Crispo (Amiternum, Sabina, 86 - Roma, 35 a.C.), político e historiador, viviu baixo a influencia dun dos períodos máis apaixonantes da historia de Roma. Naceu no seo dunha familia plebea podente, formou parte do senado, de onde foi expulsado inmoralidade e logo readmitido co apoio de Xulio César. Foi gobernador da provincia africana para, logo da morte de César, retirarse aos célebres Horti Sallustiani de Roma, onde se dedicou aos estudos históricos.

Os seus relatos da chamada Conspiración de Catilina (De coniuratione Catilinae o Bellum Catilinae) e da Guerra Iugurtina (Bellum Jugurthinum), chegaron ata nós completos, xunto a fragmentos do seu maior e máis importante traballo, Historiae, unha historia de Roma desde o 78 ao 67 a.C., que pretende ser unha continuación do traballo de Lucio Cornelio Sisena.

A súa obra exerceu unha fonda influencia nos historiadores das xeracións posteriores.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

catilina
mercar
A conxuración de Catilina. A guerra de Iugurta
Salustio ocúpase en A conxuración de Catilina de un episodio da historia do seu tempo, mentres que en A guerra de Iugurta demostra ser capaz de grandes sínteses históricas.24,60€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491515562TiAnjel Lertxundi
9788491514879Benvidos á cidadeXurxo Sierra Veloso
poeta-en-nova-yorkPoeta en Nova YorkFederico García Lorca
9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR