sabino

Sabino Torres Sabino Torres Ferrer (Pontevedra, 1924-Madrid, 2016) comezou a súa actividade periodística en Pontevedra en 1943 na Revista Finisterre xunto con Emilio Canda e Celso Emilio Ferreiro. En 1949 coa colaboración de Manuel Cuña Novás e Emilio Alvarez Negreira editou a colección poética Benito Soto cuxo primer director foi Celso Emilio Ferreiro. En 1952 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega. En 1953 creou o semanario Litoral, do que foi ademais de editor, redactor-xefe e subdirector. En 1992 con Emilio Álvarez Negreira fundou a colección poética Hipocampo Amigo que continúa a editar poesía.

Ten publicado os libros Cuaderno de Carmen (1949), Ondas do mar comigo (1997), Trovas de Nadal (1999), Xograría nova (2000) e Intres de soidade (2001).


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

Crónicas dun tempo escondido
mercar
Crónicas dun tempo escondido. Pontevedra 1930-1960
Velaquí as memorias dun editor.23,95€
columnas
mercar
As tres columnas
Pontevedra nos anos trinta a cincuenta. Vello barrio da Moureira. Velaquí un libro escrito entre a memoria e a ficción, entre a crónica e a reinvención literaria.14,75€

Recensións


Noticias relacionadas

Finou Sabino Torres2016-05-31 08:37:03

Actividades relacionadas


Novidades

9788491514435O caderno de RosalíaMaría Xesús Blanco
9788491514398VillardevósSilvio Santiago
grial-224Grial 224 VV.AA.
rimaletrasRimaletrasMar Guerra

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR