Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) é unha das máis sobranceiras figuras da Historia da cultura galega. Membro destacado da Xeración Nós, a súa traxectoria vital e intelectual vai dende as cortes republicanas, nas que foi deputado galeguista, ata a presidencia de Editorial Galaxia, cargo que desempeñou ata a súa morte. Foi tamén presidente do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de Xeografia na Universidade de Santiago. Otero Pedrayo foi un escritor que cultivou todos os xéneros literarios, dende a poesía ao teatro, pasando pola novela, o relato, o xornalismo e, por suposto, o ensaio. Da súa obra literaria cómpre salientar as novelas Os camiños da vida (1928), Arredor de si (1930) e O señorito da Reboraina (1960), os ensaios sobre a paisaxe e a cultura de Galicia, o poemario Bocarribeira (1958) e a súa achega ao eido teatral.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

meson
mercar
O mesón dos ermos
A vida nunha aldea galega do interior trazada con pinceladas de rexa finura e graduada matización; un cadro de variados personaxes pintados sempre con mestría e seguridade.11,00€
Historia dun neno
mercar
Historia dun neno
O señor de Trasalba evoca neste relato memorialístico os seus primeiros pasos ata o ingreso, con nove ano, no instiuto de bacharelato.5,00€
camiños da vida
mercar
Os camiños da vida
Unha das pezas máis significativas da narrativa de Otero Pedrayo, pintura viva da sociedade rural de Galicia no século XIX, vista a través da historia de dúas familias fidalgas.22,10€
Lembranzas do meu vivir II
mercar
Lembranzas do meu vivir II
Escritas cando xa levaba uns anos xubilado da súa cátedra compostelá.22,00€
camiño
mercar
Contos do camiño e da rúa
En palabras do profesor Carballo Calero, con Ramón Otero Pedrayo aparece unha nova arte de contar.14,80€
arredor de si
mercar
Arredor de si
Unha novela imprescindible para comprender a evolución da narrativa galega do século XX.13,00€
fidalgo e outros relatos
mercar
O fidalgo e outros relatos
ESTE LIBRO INTÉGRASE AGORA, NA NOVA EDICIÓN, DENTRO DO VOLUME 'CONTOS DO CAMIÑO E DA RÚA'

Compilación de relatos na que atopamos a un Otero Pedrayo claro e sinxelo na narración, amante do ben contar.
12,70€
Xeórxicas do pan
mercar
Xeórxicas do pan
Edición promovida pola Fundación Penzol e patrocinada polo Consello Social da Universidade de Vigo20,00€
Ensaio Histórico sobre a Cultura Galega
mercar
Ensaio Histórico sobre a Cultura Galega
Primeira grande síntese interpretativa da nosa evolución histórico-cultural ao longo dos tempos8,40€
florentini cuevillas
mercar
Florentino López Cuevillas
Ao longo dunha vida adicada con entusiasmo ao traballo, Cuevillas realizou unha tarefa fundamental para a comprensión da alma da nosa terra.0,00€
santos
mercar
Contos de Santos e Nadal
A prosa sempre viva e potente dun dos nosos escritores de máis talento de toda a historia, a través de nove relatos excepcionais.14,80€
rebor
mercar
O señorito da Reboraina
Publicada en 1960, é "unha obra mestra da novelística galega en termos absolutos", segundo verbas de Méndez Ferrín22,00€
poesia
mercar
Poesía
Por primeira vez publícase reunida nun volume a obra poética de Ramón Otero Pedrayo, en edición de Xesús Alonso Montero, libro no que se recollen tanto poemas éditos coma inéditos do autor de "Bocarribeira".22,00€
vendimia castañeira
mercar
Entre a vendima e a castañeira
Vinte relatos que amosan a mestría de Otero Pedrayo no deseño de rexos caracteres rurais ou na visión lírica da terra que nutriu o conxunto da súa vasta obra narrativa.14,60€
rosalia
mercar
Rosalía
Unha interpretación de Rosalía de Castro feita co vigor, a audacia e a orixinalidade propios de Otero Pedrayo, capaz de penetrar ata o fondo nos matos ocultos dunha alma de excepción.13,90€
fra vernero
mercar
Fra Vernero
Unha mirada apaixonada, intelixente e culta sobre a Europa romántica de principios do século XIX.12,70€
teatro mascaras
mercar
Teatro de máscaras
Dezaseis pezas teatrais breves escritas por Otero Pedrayo en 1934, consideradas hoxe un exemplo de modernidade e de beleza plástica sen precedentes no teatro galego.16,40€
romaria xelmirez
mercar
A romaría de Xelmírez
A novela da viaxe histórica que o bispo Diego Xélmirez realizou a Roma no ano 1104.19,90€
devalar
mercar
Devalar
Unha interpretación novelística do ser e o devir histórico de Galicia, na que a narración e a reflexión histórica e cultural camiñan inseparablemente unidas.24,50€
narrativa breve
mercar
Narrativa breve
Once contos, publicados en dúas etapas moi diferentes da vida do autor, nos que xa están presentes os elementos fundamentais do seu mundo literario.20,10€
foto
mercar
O señorito da Reboraina
O señorito da Reboraina é a derradeira novela escrita por Otero Pedrayo e a única que publicou en galego despois da Guerra Civil.22,00€
libro dos amigos
mercar
O libro dos amigos
Un gozoso conxunto de semblanzas de figuras moi importantes na vida do gran escritor ourensán.22,00€
a lagarada
mercar
A lagarada – O desengano do prioiro
A editorial Galaxia segue completando a colección das Obras de Otero Pedrayo con esta publicación de dúas pezas dramáticas, que amosan as teimas do seu creador dentro do eido do teatro.16,90€
foto
mercar
Sereno e grave gozo. Ensaios sobre a paisaxe
A paisaxe e a aldea galegas son un dos temas máis queridos e recorrentes na obra ensaística de Ramón Otero Pedrayo.22,00€
espello no seran
mercar
O espello no serán
Como indica Xosé Manuel Salgado no estudo introdutorio que abre este libro, Santiago de Compostela subxugou a Otero Pedrayo, quen se aplicou á tarefa de inventar a Compostela literaria.27,30€
vieiros saudade
mercar
Polos vieiros da saudade
Crónica e testemuño perdurable da viaxe a Bos Aires que Otero Pedrayo emprendeu en 1947.28,60€
artigos de posguerra
mercar
Artigos de posguerra. “Finisterre” e “Sonata Gallega”
Neste volume recóllese parte do espallado labor de Otero Pedrayo en xornais e revistas, concretamente en Finisterre e Sonata.
Sinopse: Este volume é un importante testemuño dos seus dotes como escritor; nel está presente o ensaísta e o autor de ficción, dúas facetas da súa produción literaria nas que Otero destacou especialmente.
25,50€
xelmirez
mercar
Xelmírez, xenio do Románico
o17,20€
bocarribei
mercar
Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar.
Palabra exclusivamente oteriana, Bocarribeira é a verba-cifra do universo poético de Ramón Otero Pedrayo.10,30€
Fragmentos ulises
mercar
Fragmentos de Ulises. 1926
A publicación por primeira vez en formato libro dos anacos da novela de Joyce que viran á luz na revista Nós na tradución de Otero Pedrayo.11,20€
cartas 1
mercar
Cartas á nai. 1905-1950
Velaquí o primeiro volume, que abrangue de 1905 a 1950, dunha correspondencia que o escritor e a súa nai manteñen durante máis de cincuenta anos.30,80€
cartas 2
mercar
Cartas á nai. 1951-1956
Con este segundo e último volume de Cartas á nai complétase un documento biográfico fundamental.30,80€
historia del arte
mercar
Una historia del arte
Unha singular e ambiciosa síntese de autores e estilos da arte, un texto ata agora inédito do gran escritor ourensán.35,70€
 

Recensións


Noticias relacionadas

O señorito da Reboraina2012-03-27 10:32:37
Os camiños da vida2013-03-05 11:35:49
Xeórxicas do pan2013-03-05 11:35:49

Actividades relacionadas


Novidades

unha-verdade-amargaUnha verdade amargaCelia Díaz Núñez

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR