Ramiro J. Álvarez

Ramiro J. Álvarez Ramiro J. Álvarez naceu ao pé da muralla de Lugo hai xa case medio século. De neno pensaba que debía estar ben iso de escribir libros, pero aconselláronlle que se deixase de parvadas e rematase dunha boa vez os deberes da escola. Daquela, decidiu apurarse ben para poder facer o que máis lle gustaba: ler, escribir contos, debuxar historietas e mirar mapas. Deste xeito, aplicouse aos seus estudios, pero sen perder de vista as moitas cousas que acontecían ao seu redor: a aparición da televisión, a chegada da coca-cola, os transistores e a primeira pegada do home na lúa. Case sen darse de conta, rematou os seus estudos de Maxisterio e logo os de Psicoloxía. Traballou como peón en Alemaña, de camareiro en Inglaterra, foi empregado de banca en Almería, mestre no Porriño e, agora, é orientador no IES nº1 de Sarria. De momento, segue coa sensación de que non fixo aínda os deberes todos, pero algún libriño que outro xa vai escribindo, que non hai mellor maneira de explicar leccións ou facer Psicoloxía que contar as cousas que a un se lle veñen á cabeza. Obras de Psicoloxía xa leva publicadas dez, pero esa é outra historia...


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

amigos
mercar
Amigos en tempo real
A amizade e sinceridade nun mundo con cambios causados polos novos medios son os grandes temas desta primeira novela xuvenil de Ramiro J. Álvarez, autor de varios libros de psicoloxía.9,50€
daniel
mercar
Outro nome para Daniel
Novela perfectamente equilibrada entre a fantasía e a realidade.9,70€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

unha-verdade-amargaUnha verdade amargaCelia Díaz Núñez

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR