ramiro fonte

Ramiro Fonte Poeta, narrador e ensaísta, Ramiro Fonte (Pontedeume, 1957-Barcelona, 2008) é un dos máis importantes autores galegos aparecidos na década dos oitenta. Formou parte do grupo poético Cravo Fondo e en 1981 participou na fundación da revista Dorna. O seu primeiro volume individual como poeta foi As cidades da nada, que apareceu en 1983. A este seguiron outros como Pasa un segredo, Mínima moralidade e A rocha dos proscritos. Como narrador publicou Catro novelas sentimentais, Os leopardos da lúa e Soños eternos, entre outras.

Ramiro Fonte destacou tamén na súa faceta de crítico literario e como editor de obras de poetas como Celso Emilio Ferreiro, Luis Pimentel e Ramón Cabanillas. Foi membro da Real Academia Galega e conta con varios premios, entre os que destacan o Premio da Crítica Española, o Premio da Crítica de Galicia, o Premio Esquío e o Irmandade do Libro.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

lua
mercar
Os leopardos da lúa
Publicada por primeira vez en 1993, é novela de iniciación, de busca do sentido da vida, na que Ramiro Fonte condensa a experiencia dun tempo incerto.23,50€
 

Recensións


Noticias relacionadas

Faleceu Ramiro Fonte2009-02-05 09:53:19

Actividades relacionadas


Novidades

grial-227Grial 227 VV.AA.
9788491514916Flores de ferroMaría Rei Vilas
9788491515562TiAnjel Lertxundi

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR