RAFA

Rafa Villar Rafa Villar naceu en Cee, na Costa da Morte, en 1968. Alí vinculouse ao asociacionismo cultural de base. É licenciado en filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde o ano 1995 traballa no Departamento de Normalización Lingüística da Confederación Intersindical Galega. Foi un dos promotores do Batallón Literario da Costa da Morte e da colección de poesía Letras de Cal. Nos últimos anos participou activamente do movemento social Nunca Máis, do que foi un dos seus voceiros públicos.

Como poeta, leva publicado unha ducia de títulos, entre os que se poden salientar: A sotavento dunha singradura (1995), Casa ou sombra (1997), Días de Sherezade (2000), Escoración dos días (2007), Memoria de Ahab (2007) ou Migracións (2008). Acuarelas é a súa primeira incursión na literatura infantil.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

acuarelas
mercar
Acuarelas
Coa cor das palabras, pintou o poeta o mar.8,50€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

milicianosMilicianosCastelao

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR