terencio

Publio Terencio Italia (Italia, 0190 aC-0159 aC)

Dramaturgo romano, precursor da comedia de costumes moderna.
Terencio naceu ao redor do ano 190 a.C. en Cartago e foi levado a Roma como escravo do senador Publio Terencio Lucano, quen o educou e posteriormente lle concedeu a liberdade.

Convertido nun home libre, adoptou o nome de Publio Terencio, en recoñecemento ao seu patrón. A súa primeira obra foi Andria, escrita no ano 166 a.C. Tras acadar un éxito inmediato, Terencio, dotado dunha forte personalidade, converteuse no favorito dos círculos literarios romanos. Dise que foi íntimo amigo de Escipión Emiliano, na casa do que se daban cita homes de estado e homes de letras preocupados por engrandecer a lingua latina. As seis comedias de Terencio, escritas entre 166 e 160 a.C., están baseadas en obras gregas. Así por exemplo, Andria, O que se atormenta a sí mEsmo, O eunuco e Os irmáns, teñen a súa orixe en comedias de Menandro, mentres que Formio y A sogra están baseadas en obras de Apolodoro de Caristo.
No ano 160 a.C. Terencio viaxou a Grecia na procura de novas obras de Menandro, morreu no ao seguinte durante a viaxe de regreso a Roma. As obras de Terencio eran sátiras lixeiras e enxeñosas sobre a vida das persoas ricas e refinadas. A diferenza das comedias do seu famoso predecesor, Plauto, nas sátiras de Terencio hai poucas cancións e danzas, carecen da farsa das obras daquel, e o seu humor substitúe os chistes e xogos de palabras, a caracterización esaxerada e as situacións inzadas por un sutil dominio da trama e dos personaxes. Tamén recorre ao engano con menos frecuencia que Plauto, e pon unha maior énfase na falsa identidade das personaxes. En todas as súas obras, coa excepción de A sogra, hai unha doble trama na que se mesturan dous romances, onde o final feliz dun adoita depender do resultado do outro. Durante A Idade Media as súas comedias foron adaptadas pola monxa Hrosvitha e a súa influencia déixase sentir no teatro de Lope de Rueda, na comedia renacentista e no dramaturgo francés Molière.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

terencio
mercar
A sogra. Os irmáns
Dúas sátiras inxeniosas e frívolas sobre a aristocracia romana.18,95€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491515562TiAnjel Lertxundi
9788491514879Benvidos á cidadeXurxo Sierra Veloso
poeta-en-nova-yorkPoeta en Nova YorkFederico García Lorca
9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR