Foto Pepe Carvallude

Pepe Carballude Naceu na aldea de Rubín (A Estrada) no ano 1956. É profesor de latín nun instituto de ensino medio na provincia da Coruña. Á parte da obra relacionada co seu traballo profesional, na que destacan algunhas traducións de poetas latinos, está entregado fundamentalmente á literatura infantil e xuvenil, que cultiva con entusiasmo e dedicación. En 1988 publicou o conto titulado O xílgaro Pintor. É autor tamén da noveliña titulada Os gazafellos, premio Barco de Vapor 1986, así como dos libros titulados Mimos e máis mimos, S.O.S, Investigación 091 e Andainas de Pedro Chosco. SOS, Maldito DNI, Andrea quere ser maior, Paisaxe con fondo gris e De como o Santo dos Croques se fai peregrino, co que obtivo o Premio Barco de Vapor 2002.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

Marxinados
mercar
Marxinados
Marxinados é unha historia de persoas que viven, dalgunha maneira, fóra do mundo. Pero que tamén queren cambialo.12,00€
foto
mercar
Mimos e máis mimos
o7,40€
sos
mercar
S.O.S.
O embarrancamento dun buque con materiais contaminantes na Costa da Morte desencadea unha psicose colectiva e unha atmósfera de apocalipse inmediata.11,10€
gazafellos
mercar
Os Gazafellos
Se o teu desexo é atopar un gazafello, velaquí o libro que necesitabas. Léndoo coñecerás todos so segredos destas estrañas criaturas difíciles de atopar. Tamén saberás dun pazo misterioso, de libros fantásticos, da necesidade da amizade e da vida sinxela e auténtica da aldea.

Os Gazafellos é unha ponte entre realidade e fantasía escrita por Pepe Carballude.
11,60€
paisaxe fondo gris
mercar
Paisaxe con fondo gris
Mentres vela o cadáver do seu pai, un garda civil autoritario e obsesivo, Alfredo lembra a súa vida.10,90€
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR