PENELOPE ARES

Penélope Ares Naceu en Lugo -cidade amurallada en todos os sentidos- en 1964.

Da súa infancia di que lembra as feridas eternas nos xeonllos, os doces que facía a súa madriña e os días abafantes de agosto, buscando cabezolos á beira do Miño, mentres agardaba que pasaran as dúas horas da dixestión para poder bañarse na auga escura. Lembra tamén os cabaliños brancos con pintas negras que debuxaba ás agochadas nas clases de matemáticas; levaban grandes fitas vermellas no pescozo.

Despois medrou, e non debeu facelo, pensa.

Aos 25 anos descubriu o mundo da ilustración infantil.

O mundo dos nenos é un país de cores e de soños. ¿Pode ser outra cousa a felicidade?

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

os-fios-de-infantilOs fíos de infantilÁngeles e Isabel Abelleira Bardanca

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR