Óscar Cálato

Óscar Calato Presume Óscar Calato de ter nacido no día de todos os defuntos, aínda que, sen rubor ningún, tamén recoñece ignorar de que xeito este pequeno detalle puido influír sobre o seu carácter, se como sinal de manifesta ousadía, a modo de marcada contradición ou, simplemente, unha mostra palpable de impresionante teimosía. A súa intención, de cativo, era converterse nun estrano ser, unha complexa mestura entre Elvis Presley, Mazinger Z e Darth Vader. Pero a experiencia demostroulle que é moito máis práctico tratar de vivir, coa axuda das palabras, nunha constante viaxe atemporal, aínda que para iso sexa preciso traballar coma buzoneiro, merchandiser, banqueiro, canguro, contable, bolseiro, profesor, chofer ou camareiro… Nada comparado co que ten previsto ser de maior, claro. Reencarnarse en dourada, pois iso de ser hermafrodita proterándico, pensa, non ha ser cousa aburrida.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

frio
mercar
Frío, frío
Hai anos nos que a soidade se apodera dun irremediablemente, un tempo no que dous inimigos, quen es e quen queres ser, se estrean nunha cruel batalla.9,60€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514435O caderno de RosalíaMaría Xesús Blanco
9788491514398VillardevósSilvio Santiago
grial-224Grial 224 VV.AA.
rimaletrasRimaletrasMar Guerra

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR