Os tres TENedORES

Foto Os tres Tenedores
Os tres TENedORES

Son un grupo de animación musical, que mestura música, teatro e humor, con fins didácticos, especialistas na mellor cociña musical para comensais de bo e primeiro dente, que son os rapaces e rapazas de entre catro e quince anos.
Levan dende o 2010 actuando por toda Galicia cunha bagaxe de máis de sesenta actuacións.
Contan con espectáculos innovadores de teatro, música e humor, dirixido a un público infantil e familiar onde se mestura o coñecemento sobre as distintas familias de instrumentos, estilos musicais máis relevantes, instrumentos de refugallo, variadas coreografías… ofrecéndoo dun xeito divertido, didáctico e orixinal, onde os rapaces e rapazas son tamén os protagonistas principais do espectáculo.
En definitiva, un grupo de docentes e musicólogos con ampla experiencia no eido das artes escénicas e musicais.

As súas obras

Cocido sinfónico
Cocido sinfónico
20.00€ CON IVE