pamuk

Orhan Pamuk Orhan Pamuk (Istambul, 1952), é un dos máis destacados autores da literatura actual en lingua turca. A súa obra foi traducida a máis de 30 idiomas, e publicada nun centenar de países distintos. Ten recibido numerosos galardóns internacionais, entre eles o premio France-Culture, en 1995; o premio ao mellor libro estranxeiro do New York Times, en 2004 e o premio da Paz dos libreiros alemáns en 2005. O 12 de outubro de 2006, a Academia Sueca lle concedeu o Premio Nobel de Literatura en recoñecemento a toda unha traxectoria literaria así como polo seu compromiso en prol dos dereitos humáns, sendo así o primeiro turco en gañar un Premio Nobel. En 2012 foi condecorado polo Ministerio de Cultura francés coa insignia oficial da Lexión de Honra.

Publicou a súa primeira novela en 1982, mais a súa obra comezou a ter repercusión internacional con O castelo branco, agora tamén publicada en galego por Galaxia, e alcanzou a súa consagración definitiva en 1998 con Chámome Vermello. En galego, están publicados O libro negro (1990; Galaxia, 2011), Neve (2002; Galaxia, 2009) e Istambul (2003, Galaxia, 2008). A súa novela máis recente é O Museo da Inocencia (Galaxia, 2009).


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

chamome
mercar
Chámome Vermello
Unha novela maxistral24,95€
neve
mercar
Neve
Publicada orixinariamente en turco no ano 2002, Neve está considerada unha das obras mestras de Orhan Pamuk pola súa concepción narrativa, na que a intriga se combina axeitadamente coa poesía.24,95€
istambul
mercar
Istambul. As lembranzas e a cidade
Premio Nobel de Literatura 200624,95€
castelo
mercar
O castelo branco
A primeira e celebrada novela de Orhan Pamuk, Premio Nobel de Literatura 2006.18,60€
libro
mercar
O libro negro
Unha das novelas centrais da obra de Orhan Pamuk24,95€
museo
mercar
O Museo da Inocencia
A nova novela de Orhan Pamuk, Premio Nobel de Literatura.28,75€

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR