olga

Olga Gallego Historiadora (Ourense, 1923).Cursou Filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela e en 1955 ingresou por oposición no Corpo de Auxiliares de Arquivos, Bibliotecas e Museos. Tres anos despois, por nova oposición, ingresou no Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos e foi destinada á Biblioteca Pública e ó Arquivo da Delegación de Facenda de Vigo. Nesta cidade realizou un importante labor, non só á fronte dos organismos que dirixiu, senón que tamén verificou os catálogos da Fundación Penzol, os das bibliotecas da Escola de Comercio e do Instituto de Ensino Medio Santa Irene, o da biblioteca da Caixa de Aforros e tamén colaborou durante tres veráns na catalogación da biblioteca do Mosteiro de Guadalupe, en Cáceres.


Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

manuel-garcia-barros-estampas-desde-o-valEstampas desde o valManuel García Barros
sobre-a-lingua-galega-de-rosalia-de-castroSobre a lingua galega de Rosalía de CastroVictoria Álvarez Ruiz de Ojeda
9788491514497Teño medoDavid de la Iglesia

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR