ofelia

Ofelia Rey Castelao É Catedrática de Historia Moderna na Facultade de Xeografía e Historia da Universidad de Santiago. Directora da revista Obradoiro de Historia Moderna (1990-2005). Responsable para a Europa Mediterránea da International Commision of Historical Demography. Foi [bDirecteur d'études en Ecole des Hautes Etudes en Sciences Sociales en París nos anos 2004-2005. Dirixe desde 1992 doce proxectos de investigación de ámbito estatal e internacional; na actualidade dirixe o proxecto titulado A cultura letrada no Noroeste peninsular na Edade Moderna: do oral ao escrito, como continuación doutro anterior -Da Cultura oral á escrita. Libro, lectores e lectura na Galicia do Antigo Réximen-, nos que colaboran profesores das Universidades de Santiago e Coruña; ambos financiados polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía. É autora de once libros e de más de cen artígos sobre diversos temas -demografía histórica, historia rural, historia social-, nos últimos anos adícase á historia cultural e en especial ao estudo dos conductos de difusión da cultura, mostra desto son dos de sus libros: A Galicia Clásica e Barroca (Editorial Galaxia, Vigo, 1998) e Libros e lectura en Galicia, siglos XVI-XIX (Xunta de Galicia, Santiago, 2003).


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

foto
mercar
A Galicia clásica e barroca
Este libro ofrece unha visión distinta e renovada da historia de Galicia no período moderno.20,60€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR