ngugi

Ngũgĩ wa Thiong’o Naceu en Kenya en 1938, no seo dunha familia rural. Durante a súa infancia e adolescencia viviu baixo o dominio colonial británico ata a revolta dos guerrilleiros Mau Mau (1952-1962) que levou á independencia do país. A partir do seu ingreso na comunidade universitaria, Ngũgĩ inicia unha serie de reflexións acerca da concepción académica das culturas e literaturas africanas; estas ideas cimentaron moitas teorías poscoloniales, que co tempo contribuíron a realzar a personalidade cultural propia dos territorios africanos logo do colonialismo europeo. Doutra banda, desde 1962 deuse a coñecer como escritor polifacético e activista social; as súas obras foron centrando cada vez máis a atención nos problemas políticos, culturais e sociais de Kenya, razón pola que sufriu persecución política dentro e fóra do país (estivo exiliado desde 1982 ata 2002). Ademais, a partir de 1981 prioriza o gĩkũyũ; a súa lingua materna, fronte ao inglés como lingua de creación literaria. Actualmente Ngũgĩ é profesor de Inglés e de Literatura Comparada na Universidade de California, en Irvine. Ten dez títulos de doutoramento (un deles honoris causa) outorgados por universidades de todo o mundo, ademais doutros méritos académicos e honoríficos. Continúa escribindo e participando activamente nas esferas culturais e académicas do mundo como recoñecido conferenciante; toda a súa obra segue xerando debate e actividade intelectual, e foi traducida a máis de trinta linguas.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

a-revolucion-vertical
mercar
A revolución vertical
ou por que os seres humanos camiñan ergueitos15,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

ela-sabe-a-solEla sabe a solNajla Shami
fina-a-pirataFina a pirataHelena Villar Janeiro
follas-novas-literaria-ensinoL. Ensino: Follas novasRosalía de Castro
aires-da-mina-terraL. Ensino: Aires da miña terraManuel Curros Enríquez

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR