Foto Nani García

Nani García (A Coruña, 1955): Compositor, músico e produtor musical nacido na Coruña. Inicia a súa formación musical en composición e jazz en Suecia entre os anos 1976 e 1980 ao tempo que cursa estudos de lingüística nas Universidades de Upsala e Estocolmo. Ao seu retorno a Galicia forma parte dos diversos grupos de jazz da época. Fundador do grupo Clunia a principios dos anos 80 a súa carreira comezou como pianista de jazz, actividade que mantén alternando coa súa faceta de compositor. Solista, produtor musical, adaptador e compositor, conta cunha longa experiencia nos diversos formatos do medio audiovisual (anuncios, tele series, video exposicións). Autor de bandas sonoras para longametraxes de animación e ficción, obras de teatro, curtametraxes, programas de TV, conta con máis de 100 publicacións entre obras de jazz, producións audiovisuais, producións para outros artistas. Recén no 2010 acaba de estrear un concerto para clarinete baixo e orquestra de vento e recibe o encargo de composición dunha obra para a OSG (Orquestra Sinfónica de Galicia). O seu selo persoal queda plasmado en obras do cine de animación como De Profundis, Engurras ou a recentemente multigalardoada curtametraxe de animación O Xigante o cal o sinala como un dos especialistas no xénero. Dende o ano 2009 dirixe o Festival Internacional de Jazz de VIgo "Imaxina Sons".
Jorge Pardo, Maria Joao, Mario Laginha, Baldo Martínez, Tom Gullion, Perico Sambeat, Kenny Wheeler, Pablo Milanes, Mathew Simon, Paolo Fresu, Ainhoa Arteta, Amancio Prada, MichaelMacGoldrick, Dulce Pontes, Tom Gullion, Karen Mathesson, Paco Charlín, Alfonso Moran, Victor de Diego, Tom Hornsby, son algúns do artistas cos que ten colaborado.
Estudou linguística nas universidades de Upsala e Estocolmo. Formado musicalmente en Suecia (1976-1980) nas aulas de jazz do taller de música de Sollentuna, impartidas polo pianista Uffe Sandberg e asistiu a clases maxistrais co pianista Bill Dobbins.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

A berenguela
mercar
A berenguela
Un novo achegamento, dende a música e a voz, a unha das obras importantes de Manuel María.20,70€
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR