miro

Miro Villar Miro Villar (Cee, 1965). Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada coa tese "A poesía galega de Antón Zapata García. Edición e estudo". Profesor de lingua e literatura galegas, poeta, narrador e crítico literario. Formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte.

No eido do ensaio é autor de varias edicións críticas, como a Antoloxía poética de Gonzalo López Abente (1995), Unha lectura de O soño sulagado (1998), Roberto Blanco Torres. Orballo da medianoite (1998), A poesía galega de Xervasio Paz Lestón (1998), Indo para máis perto. A señardade no puño de Alexandre Cribeiro (2004), A roseira da soidade de Antón Zapata García (2005), Poesía galega completa e textos en prosa de Emilio Álvarez Blázquez (2005) ou Ser auga, darse en auga. Antoloxía poética de Bernardino Graña (2010).

En poesía ten publicado Ausencias pretéritas (1992); 42 décimas de febre (1994); Abecedario da desolación (1997; premio Tívoli-Europa 1998); Equinoccio de primavera (1998; finalista do premio Tívoli-Europa 1999); Gameleiros (2002) e As crebas (2011, premio Concello de Carral).

En literatura infantil e xuvenil publicou a serie Carlota, a marmota (2000), Carlota e a bota perdida (2003); Carlota e a gaivota patiamarela (2006) e O nariz de Fiz (2009). A cobiza do verme Noel é o primeiro libro que publica en Galaxia.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

9788491515548
mercar
O nariz de Fiz
Fiz vive nunha aldea da montaña da Galicia rural.13,50€
cobiza
mercar
A cobiza do verme Noel
Unha metáfora arredor do egoísmo e a necesidade de superalo10,50€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514909Santa Marta de MoreirasXosé Ramón Fernández-Oxea
9788491515548O nariz de FizMiro Villar

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR