miguel sande

Miguel Sande Naceu en Pastoriza, no Concello de Arteixo, no 1961. Comezou a escrita nos primeiros poemas e relatos que viron a luz nos atardeceres de Barrañán. Pero o primeiro libro publicado é Á alba pide comigo vivir, co que quedou finalista do Premio Nacional de Teatro Calderón de la Barca no ano 1984, convocado polo Instituto das Artes Escénicas, do Ministerio de Cultura. É o monólogo dunha moza universitaria unha noite do Apóstolo que no último curso da súa carreira universitaria decide abortar. Foi editado polos Servicios de Publicacións da Xunta, un libro que, según di o autor, contou co apoio de Ramón Piñeiro.

Anos despois, en 1998, publicou o segundo libro de teatro, Ninguén chorou por nós, tamén premiado, esta vez co Rafael Dieste, editado pola Deputación da Coruña, foi representado pola compañía Teatro Bruto (nunha adaptación libre). A estrea tivo lugar en setembro de 1999 no teatro Colón en Vigo.

No 2000 na Editorial Dixital na Universidade da Coruña publica 39 veces chao. Outro monólogo a través dun teléfono móbil: sete chamadas, que fixan as escenas, a frecuencia desas chamadas marcará o ritmo da obra.

Como poeta ten publicados varios poemarios, dos que se poden salientar: A palabra soterrada , un libro escrito no deserto sahariano, entre Túnez e Alxeria e editado en Espiral Maior no ano 1985. Está a piques de se publicar agora outro: «Furtivos». Publica en Laiovento no ano 1994 un libro de reflexións, de viaxes.

Gañou o I Premio Repsol YPF de Narrativa Breve coa novela Se algún día esta muller morta, editada por Galaxia.

Habitualmente adícase ao xornalismo: é delegado de La Voz de Galicia na Mariña lucense e no Occidente de Asturias. Vive en Viveiro.
En 2016 gañou o Premio de Novela García Barros coa obra 'A candidata'.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

A candidata
mercar
A candidata
A crise afectou a moitas familias, traendo consigo non só dificultades económicas senón tamén emocionais.14,75€
vida
mercar
A vida fóra
Despois de obter o Premio Repsol en 2006 con 'Se algún día esta muller morta', Miguel Sande volve con 'A vida fóra', outro convite para lectores apaixonados polas historias intensas12,75€
se algun dia
mercar
Se algún día esta muller morta
I Premio de Narrativa Breve Repsol YPF 200612,75€
pendulo
mercar
A traxectoria caótica do péndulo
Un reclamo á razón no medio desta sociedade difícil, aínda que privilexiada, de fin de século.9,80€

Recensións


Noticias relacionadas

A vida fóra2011-11-29 09:40:48

Actividades relacionadas

A VIDA FÓRA2012-05-22 20:00:00

Novidades

9788491514756A esmorga (Ilustrada)Eduardo Blanco AmorDiego Estebo
9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR