miguel-barros

Miguel Barros Miguel Barros Puente (Carballedo - Cotobade, 1944) estudou Maxisterio en Pontevedra e doutorouse en Ciencias Políticas. Exerceu de mestre en Vigo ata a súa xubilación. Formou parte do grupo impulsor do Movemento de Mestres. Afiliado ao Partido Socialista en 1978, despois de militar na CNT, foi concelleiro en Vigo en dous períodos (1979 e 2003) e membro do Parlamento de Galicia nas tres primeiras lexislaturas. Nos últimos tempos militou en Compromiso por Galicia. Entre as súas publicacións salientan Discurso e tempo. Na procura dun socialismo para Galicia (2006) e Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo, publicado por Galaxia en 2009, e polo que recibiu o Premio da Crítica.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

memoria-dunha-experiencia-asemblearia
mercar
Memoria dunha experiencia asemblearia
Memoria dunha experiencia asemblearia analiza e reivindica o papel do grupo que no ano 1972 iniciou un movemento asociativo de ampla adhesión entre o colectivo de ensinantes, e que deu lugar ao nacemento, no ano 1977, do Movemento de Mestres, iniciativa que puxo en cuestión as estruturas oficiais, sindicais e pedagóxicas, dos anos finais do franquismo e axudou a desartellar o sindicalismo vertical no sistema educativo.25,70€
miguel
mercar
Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo
Premio da Crítica Galicia 2010 na categoría de Investigación50,00€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

grial-222Grial 222 VV.AA.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR