miguel-anxo-murado

Miguel Anxo Murado Nado en Lugo en 1965, é escritor, guionista de cinema e televisión. A súa aparición no mundo literario tivo lugar con Metamorfosis benezianas (1983), novela en castelán coa que gañou ós 17 anos o Premio Café Gijón. En galego é autor dunha variada obra que inclúe narrativa (Memoria de derribos, Mércores de cinza), poesía (Lapidario dos heterodoxos, Bestiario dos descontentos) e teatro (A grande noite de Fiz, Historias peregrinas). En 1991 e 1994 viaxou á exIugoslavia como enviado especial, experiencia da que naceu Ruído. Relatos de guerra. En 2001 publicou o ensaio Caderno de Xapón. En paralelo co seu traballo literario, Murado desenvolveu durante anos un labor de guionista, polo que obtivo en tres ocasións o Premio Carlos Velo para guionistas da Xunta de Galicia. Seus son os guións de películas do cinema español como La Ley de la Frontera ou Finisterre. En televisión, escribiu e realizou unha ducia de documentais sobre Xeografía, Literatura e Política, e colaborou en varias series. Murado desenvolveu unha actividade intermitente no campo do xornalismo. É columnista habitual en diversos medios. Residiu varios anos en Oriente Medio, onde traballou sucesivamente para as Nacións Unidas, o Goberno da Autoridade Palestina e como correspondente de prensa. Premio Pedrón de Honra 2015 e Fernández Latorre 2016.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

tres-minutos-no-aire
mercar
Tres minutos no aire
Entre 2006 e 2009, Miguel Anxo Murado facía una colaboración no programa Diario cultural da Radio Galega.19,00€
Libro de horas
mercar
Libro de horas
Un dobre do rei de Marrocos, Hong Kong nos últimos días de control británico, unha alfombra que conta un xenocidio...17,70€
Ruído. Relatos de guerra
mercar
Ruído. Relatos de guerra
Un libro sobre a guerra e o seus desastres froito da estadía do autor na exIugoslavia en 1991 e 199414,70€
Escritos en cafeterías
mercar
Escrito en cafeterías
Historias reais escritas en principio como columnas de prensa.17,20€
palestina
mercar
Fin de século en Palestina
Premio Libro do Ano 2008 da Asociación de Editores Galegos
Premio AELG 2009 ao mellor ensaio
VI Premio Frei Martín Sarmiento
19,30€
febre
mercar
O soño da febre
Este libro ten un protagonista singular: a febre. A febre como personaxe, como metáfora da imaxinación, do soño, da literatura en definitiva.13,20€
memoria derribos
mercar
Memoria de derribos
Relatos que se van ensarillando a través do recordo dun Lugo feito de espazos situados entre a realidade e o soño.15,90€
mercores
mercar
Mércores de cinza
Un libro no que Miguel Anxo Murado segue encarándose coa dor secreta do corazón humano.15,70€
caderno de xapon
mercar
Caderno de Xapón
A narración a modo de ensaio literario do encontro de Murado coa realidade xaponesa, estraña na súa apariencia occidental e profundas raíces tradicionais.13,90€
 

Recensións


Noticias relacionadas

Un libro necesario2009-03-13 09:47:55
De novo o RUÍDO da guerra2016-05-31 08:37:03
Chega o LIBRO DE HORAS2016-06-21 08:34:27

Actividades relacionadas


Novidades

a-tua-historiaA túa historiaKathryn StrobelVanesa Álvarez
a-revolucion-verticalA revolución verticalNgũgĩ wa Thiong’o
do-tempo-e-dos-astrosDo tempo e dos astrosAntonio Fraguas
antonio-fraguas-mestre-da-memoriaAntonio Fraguas. Mestre da memoriaMalores Villanueva Gesteira

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR