marilar

Marilar Aleixandre Nacida en Madrid en 1947, é licenciada en Bioloxía e profesora de Didáctica das Ciencias na USC. Instalada en Galicia desde 1973, adoptou o galego como lingua literaria. As súas primeiras obras foron narracións dirixidas aos lectores máis novos, como A formiga coxa (1989) e O rescate do peneireiro (1990). Continuou con libros para adolescentes como Nogard (1994) e a novela de aventuras A expedición do Pacífico (1994), coa que obtivo os premios Merlín e Lousada Diéguez. A novela que a deu a coñecer nun ámbito máis amplo foi Tránsito dos gramáticos (1993), unha orixinal intriga ambientada nunha Compostela futurista.

En 1996 publicou a colección de relatos Lobos nas illas. Con A Compañía Clandestina de Contrapublicidade gañou a IV edición do Premio Álvaro Cunqueiro de narrativa (1998). En 2001 publicou Unha presa de terra. Recibiu o Premio Xerais de Novela 2001 por Teoría do Caos.

Recibiu o galardón Letra E concedido pola AELG. Na Asemblea Xeral do Congreso Ibby de Literatura Infantil e Xuvenil, celebrado en setembro de 2010 en Santiago de Compostela, foi nomeada membro do Comité Executivo da organización.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

ali-baba-morxiana-e-os-corenta-usereiros
mercar
Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros
Era unha vez o xefe funha banda de corenta ladróns8,50€
vaca
mercar
A vaca caníbal
Un divertido libro de Marilar Aleixandre10,50€
foto
mercar
Castelao segundo Rañolas. Vida e obra de Castelao
Castelao visto polos seus personaxes.0,00€
compañia
mercar
A compañía clandestina de contrapublicidade
Unha aventura urbana e actual coa publicidade como arma contra o poder.16,80€
basilisa princesa
mercar
Basilisa, a princesa sapiño
Non sempre o fillo máis novo é quen leva a mellor parte e tampouco todos os sapos son o que parecen.7,20€
herbalua
mercar
Herbalúa
Helena foi unha noite á Lúa a buscar herba para a súa ovella de trapo...9,30€

Recensións


Noticias relacionadas

As voces das mulleres2016-09-19 08:21:58

Actividades relacionadas


Novidades

latexo-beatLatexo BeatFestival Internacional Kerouac Vigo
corpo-de-antiochiaCorpo de antiochiaTamara Andrés
leonardo-e-os-fontaneiros-2017Leonardo e os fontaneirosMaría Victoria Moreno
a-sombra-dos-bonsaisÁ sombra dos bonsaisAntón Riveiro Coello

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR