maria-xesus-blanco-lucia-puebla-blanco

María Xesús Blanco Naceu en Melide, nunha fermosa aldea chamada Cabanelas. Alí estivo cos seus pais e co seu irmán pequeno ara que foi á Universidade, onde estudou Maxisterio e Filosofía. Viviu na Coruña, Muxía e A Pobra do Caramiñal. Instalouse no concello de Ribeira hai máis de vinte anos, onde exerce como mestra no CEIP de Olveira, moi preto do mar de Corrubedo. Dende moi pequena tivo paixón pola literatura. Na casa había poucos libros, pero moitas ganas de ler, así que agradeceu ter a porta aberta a eses lugares marabillosos chamados bibliotecas, onde podes ler o que che pode, róuballe tempo ao sono para escribir versos e historias. Colabora habitualmente coa Asociación Cultural Barbantia e ten contos publicados no suplente A Voz de Barbantia de La Voz de Galicia e no blog Café Barbandia. Un relato seu, titulado "Naia", foi premiado no VIII concurso de contos Liceo de Noia. E o poema "Sempre é noite en Bagdad" no VII Certame Literario do Concello de Ames. O caderno de Rosalía é a súa primeira obra publicada en Editorial Galaxia. Foto de: Lucía Puebla Blanco


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

9788491514435
mercar
O caderno de Rosalía
Rosalía é unha nena normal que fai cousas moi normais... ou non.12,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

carabelaCarabelaPaula Carballeira
prana-apanaPrana ApanaPatricia Rivas Gallego

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR