mvictoria

María Victoria Moreno María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 - Pontevedra, 2005), licenciada en Filoloxía Románica pola universidade de Madrid, en 1963 conseguiu unha praza de profesora nun instituto de Pontevedra, establecéndose en Galicia. A súa identificación co noso país foi tan intensa que de seguida aprendeu o galego e o convertiu na súa lingua. Desde entón, toda a súa obra literaria está escrita en galego. Unha parte dela son contos e novelas dedicadas ao público infantil e xuvenil, como Leonardo e os fontaneiros, Mar adiante, O cataventos e Festa no faiado. A súa novela Anagnórise, xa traducida ao castelán, obtivo un grande éxito entre os lectores, e figura na lista de honra do IBBY de 1990. Con Guedellas de seda e liño recibiu unha mención especial White Ravens 2002. Colaborou na redacción de libros de texto e dirixiu a colección "Árbore" da Editorial Galaxia dende 1988, ano da súa creación.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

leonardo-e-os-fontaneiros-2017
mercar
Leonardo e os fontaneiros
Estas son as historias que lle suceden a Antón e mais a Leonardo.11,55€
e-habera-tiron-de-orellas-2017
mercar
E haberá tirón de orellas?
A cadeliña Alma narra en versos fermosos a súa volta a casa na compaña dun pardal.9,00€
guedellasdesedaelino2017
mercar
Guedellas de seda e liño
Incluído na lista White Ravens 200211,20€
anagnorise-2017
mercar
Anagnórise
Unha fermosa novela de amor que figura entre os libros máis lidos e admirados pola mocidade galega11,00€
onde
mercar
Onde o aire non era brisa
Escrita en 1969, é a primeira novela de María Victoria Moreno, a única obra en castelán dunha escritora que logo había publicar en galego preto de corenta títulos.12,00€
tiron orellas
mercar
E haberá tirón de orellas?
ESGOTADO0,00€
festa
mercar
A festa no faiado
Uxía vive nun faiado.9,30€
leonardo
mercar
Leonardo e os fontaneiros
ESGOTADO9,80€

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR