solar

María Solar María Solar naceu e vive en Santiago de Compostela. É presentadora do programa A revista fin de semana da TVG. Licenciouse en Xornalismo e Bioloxía ademáis de ser diplomada en Maxisterio e ter o título de Especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental. A súa actividade profesional sempre se centrou no xornalismo e ten unha longa traxectoria en radio e televisión. Na Radio Galega presentou e dirixiu durante oito anos o magacine As tardes da Galega e na TVG presentou diversos programas de todos os xéneros como o cultural Zigzag Diario, Ciencianosa, En pé de festa, Arrampla con todo ou Os directos da Galega, entre outros. Ademais foi actriz de dobraxe.

Como autora, céntrase no público infantil. Ten publicado entre outros 'O Fillo do Pintamonas' (Tambre, 2010), 'Boa Sorte' (Baía, 2008), 'O tempo do revés' (Baía, 2008) e os libros divulgativos 'O libro do noso mar' (Lea, 1999), 'Ecoloxía na aula' (Lea, 1998).

No ano 2014 alzouse co Premio Lazarillo polo seu libro 'O meu pesadelo favorito', que entraría, en 2015, na Lista White Ravens da Biblioteca de Múnich.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

osnenosdavariola
mercar
Os nenos da varíola
“Premio Fervenzas Literarias 2017 ao Mellor Libro Xuvenil do ano”12,50€
O meu pesadelo favorito
mercar
O meu pesadelo favorito
Premio Lazarillo. 2014 White Ravens. 2015 Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro infantil 2015 Premio Libro do Ano na Gala do Libro Galego 201612,50€
mosca
mercar
A verdadeira historia da mosca da tele
Premio Frei Martín Sarmiento 2014

Hai moscas que non se conforman con ser moscas e que, ademais, queren ser estrelas da televisión.
A que non sabías que hai unha mosca que se coa nos programas de máxima audiencia? Unha mosca á que lle gusta xogar cos convidados. Pero iso si, aos convidados da tele non lles gusta nada que a mosca os amole...
11,00€
irman
mercar
Vou ter un irmán!!!
Premio Frei Martín Sarmiento 2013

Un libro protagonizado pola incerteza que unha nena sente cando os seus pais lle din que vai ter un irmán.
16,20€

Recensións


Noticias relacionadas

Entrevista con María Solar2014-12-04 09:08:08

Actividades relacionadas


Novidades

grial-216Grial 216 VV.AA.
ofacedordeteatroO facedor de teatroThomas Bernhard
o-morto-asasinadoO morto asasinado e outros contosMaría do Carme Kruckenberg

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR