maria-noel-toledo

María Noel Toledo Escribir contos sempre lle encantou, pero non foi ata 2006 cando comenza a publicar para nenos. Tiña xa un vínculo moi especial con eles a través da odontopediatría e a plástica, e de aí naceu Ramiro y la maravillosa Molly, un conto sobre a boca (Alfaguara, 2006). En 2008 foi reeditado por Primerapersona en Galicia, onde vivíu sete anos co seu esposo Alejandro e os seus fillos Santiago e Ramiro. Logo viñeron moitos libros máis. A ilustración e a animación con plastilina déronlle unha gran satisfacción en 2011, cando con Editorial Galaxia gañou o Premio Mestre Mateo á mellor obra interactiva por Area fai séis. Levou obradoiros de arte e creatividade por museos e centros culturais que lle fixeron coñecer toda a verde Galiza e tantos dos seus preciosos nenos e nenas. Volveu ao Uruguai en 2014, cando esta novela foi recoñécida co premio Onetti de Literatura Infantil Xuvenil. Tamén publicou un conto, Iris y el secreto del Ratón Pérez, con Editorial Banda Oriental, ao ano seguinte. Outra das súas paixóns é a escenografía. En 2015 tivo a satisfacción de ser proposta para os premios Florencio de teatro uruguaio pola obra The woman in black, de Susan Hill. Faille unha grande ilusión estar de novo en Galicia dalgún xeito con esta novela en galego entre as túas mans.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

o-enigma-de-mona-lisa
mercar
O enigma de Mona Lisa
Mariel decídese a explorar o faiado dos seus avós na procura dun vestido antigo para a obra de teatro que deberá interpretar coa súa clase.11,75€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

grial-227Grial 227 VV.AA.
9788491514916Flores de ferroMaría Rei Vilas
9788491515562TiAnjel Lertxundi

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR