maria

María Canosa María Canosa é unha das autoras máis recoñecidas da literatura infantil e xuvenil galega. Moi nova comezou a escribir e recibir premios e distincións literarias. Desde entón non deixa de soñar historias, o que deu como froito os preto de corenta títulos que ten nas librerías. Entre eles, podemos destacar volumes de poesía e narrativa, como é o caso de Rubicundo, Vagalume de versos, A cazadora de estrelas, O neno Inverno e Muriel, co que obtivo o Premio Merlín 2017. Tamén ten obras pensadas para o público adulto, como é o caso de DisParo ou Non é París. Desde hai uns anos podes vela na TVG, pois guionizou e presentou distintos programas de corte cultural. Actualmente, está na grella no progama Coma un allo.   Tamén podes achegarte a falar con ela en @_MariaCanosa.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

candorcas-e-unicornios
mercar
Candorcas e unicornios
Candorcas e unicornios é unha fábula marabillosa, en todos os sentidos da palabra, onde o mar, a natureza e a fantasía van da man nunha historia que, ademais de entreternos, vai facernos pensar…12,20€
o-neno-inverno
mercar
O neno inverno
Un neno especial. Un lobo doente.12,20€
Vagalume de versos
mercar
Vagalume de versos
Un libro que nos recorda o que pasa nas noites de verán.10,20€
faiscas
mercar
Faíscas
Como faíscas que se desprenden dunha fogueira nacen estes relatos.11,70€
matias
mercar
Matías, un pito de campionato
A historia dun pito singular que, a forza de curiosear e curiosear, obsesionouse cun verme algo escurridizo.10,20€
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR