manolo veiga

Manuel Veiga Manuel Veiga naceu en Monforte de Lemos no ano 1960.

É doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e licenciado en Ciencias da Información. A súa tese de doutoramento foi unha investigación dun caso concreto na realidade da prensa galega, o exemplo do Faro de Vigo, levaba por título "La construcción social de la realidad regional gallega a través de la prensa. El caso de "Faro de Vigo" (1898-1923)".

Escritor e xornalista, desde 1983 é redactor do semanario "A Nosa Terra".

Ten obra narrativa como As ruínas da cidade amada (1998), Biografías de malogrados (2001), e O exiliado e a primavera novela coa que obtivo o Premio Xerais de Novela no ano 2004. Publicou, ademais, O pacto galego na construción de España, un ensaio do ano 2003.

En 2006 obtivo o Premio García Barros de novela con Lois e Helena buscándose un día de tormenta, publicado por Editorial Galaxia.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

foto
mercar
As ruínas da cidade amada
Unha novela que xira ó redor dunha tráxica conxunción de vidas e acontecementos violentos0,00€
lois e helena
mercar
Lois e Helena buscándose un día de tormenta
Premio García Barros 200615,60€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas

Manuel Veiga en Librouro2007-03-08 20:00:00

Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR