manolo

Manuel Rivas Manuel Rivas (A Coruña, 1957) é un dos escritores máis destacados no actual panorama das letras galegas. Dende 2009 é membro da Real Academia Galega. É autor dunha obra literaria que abrangue títulos como os poemarios Libro do Antroido (1981), Balada nas praias do oeste (1985), Mohicana (1986), Ningún cisne (1989), Costa da Morte blues (1995), O pobo da noite (1997) e as obras narrativas Un millón de vacas (1989), Os comedores de patacas (1991), En salvaxe compaña (1994), Que me queres, amor? (Editorial Galaxia, 1995), O lapis do carpinteiro (1998) e Os libros arden mal (2006).

Rivas é tamén un dos representantes máis salientables do xornalismo galego de hoxe. Colaborador habitual do diario El País, dirixiu a revista Luzes de Galiza e ten recollido grande parte dos seus artigos xornalísticos en libros como Galicia, el bonsai atlántico (1990), Toxos e flores (1993), Muller no baño (2002) e Os Grouchos (2008). En 2009 recibiu o Premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego por un artigo sobre Ramón Piñeiro; en 2011 foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

que me queres amor
mercar
Que me queres, amor?
Dezaseis narracións que enxergan o milagre do mundo no soño dun saxofonista ou na brancura luminosa do leite fresco.14,00€
ela
mercar
Ela, maldita alma
Nova edición con dous contos inéditos, "O espertar da criada" e "O misterio de Uz"14,40€
a lingua bolboreta
mercar
A lingua das bolboretas
A lingua das bolboretas é un relato incluído no libro ¿Que me queres amor?, que no 2005 Galaxia tira do prelo nunha edición especial , ilustrada por Miguelanxo Prado e publicada coa colaboración da Asociación AIAN de Vigo.13,00€
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR