manuel-outerino

Manuel Outeiriño Naceu en Ourense no ano 1962. Ultimamente sintoniza co poema "Velas de son levado", de Aquilino Iglesia Alvariño e Celso Emilio Ferreiro, máis do que para as pezas do piano a catro mans de Mozart. Recoñece que leu máis a Reixa cá Afonso o sabio (e que a cousa xa non ten volta). Publicáronlle Depósito de espantos (1994), Letras vencidas(1999) e É (2005). Fixo versións galegas J.V. Foix, Pere Quart, Joan Vinyoli, Gabriel Ferrater, Joan Fuster, Stephen Spender, Seamus Haney, Derek Walcott, Wallace Stevens e das novelas Unha viaxe sentimental, de L. Sterne, Os papeis de Aspern, de Henry James, e Corazon da escuridade, de Joseph Conrad. Algunhas das súas impresións literarias andan nos artigos sobre O valo de Manselle, de Anxo Angueira, e sobre as baladas líricas de Otero Pedrayo que lle publicaron na Trabe de Ouro.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

do-amado-amodo
mercar
Do amado amodo
Nesta obra séguese o ritmo vagaroso do dicir.11,80€
e
mercar
É
Unha festa a deshoras. A colección Dombate, que Editorial Galaxia, dedica á poesía, publica É, un libro de Manuel Outeiriño no que a linguaxe aproveita todo o seu potencial sonoro e a poesía se contaxia do xogo para intensificar a súa capacidade de chegar ao lector ou lectora.13,00€

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR