singala

Manuel Núñez Singala Naceu en Lugo en 1963, pero en Vilalba é onde transcorre a súa infancia e adolescencia. A Terra Cha é a súa primeira patria. Estuda, traballa e vive máis tarde en Compostela, que é como el mesmo di a súa segunda patria.
Sempre foi un gran afeccionado á lectura, pero a súa inclinación pola escrita, di que quizais lla deba aos certames literarios do instituto de bacharelato vilalbés. Nese centro estreou as primeiras obras de teatro, ata tres montaxes aló contra final dos anos setenta. Despois estudou en Santiago onde ficou. En Galaxia ten publicado O achado do castro (1991, Premio Xiria de Creación Teatral 1987), Comedia bífida (2007), Planificación estratéxica (2009). Narrativa: Mar de fondo (1997), Menú de enganos (2010, Premio Frei Martín Sarmiento 2011). Tamén o ensaio e os traballos de investigación sobre cuestións relacionadas coa normalización do idioma ocuparon boa parte do seu tempo, como se recolle no libro En galego, por que non? (2009).


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

sacar-a-lingua-e-de-mala-educacion
mercar
Sacar a lingua é de mala educación. Oportunidades do multilingüísmo na infancia e na idade adulta
Procura argumentos e estratexias para aproveitar as posibilidades que, tanto a adultos como a nenos, lles brinda a vida nunha comunidade bilingüe que se insire nunha Europa multilingüe e nun mundo cunha extraordinaria riqueza idiomática.12,00€
O achado do castro
mercar
O achado do castro
A pesar da súa brevidade é unha obra moi grande.11,00€
Instrucións para tomar café
mercar
Instrucións para tomar café
Conxunto de relatos cos que consegue reunir o que ben poderían ser catro volumen nun único e engaiolador libro.14,50€
Camiños na auga
mercar
Camiños na auga
O protagonista da novela, chamado Szymo, queda descrito pola letra dunha canción que el mesmo escoita por asualidade e na que se acaba por recoñecer:18,50€
galego
mercar
En galego, por que non?
Contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua galega17,50€
comedia
mercar
Comedia bífida
Velaquí un xuízo á lingua. Ou ao emprego que dela facemos os galegos.13,00€
menu
mercar
Menú de enganos
Un restaurante literario moi especial12,50€
foto
mercar
Mar de fondo
Naceu en Lugo en 1963, pero en Vilalba é onde transcorre a súa infancia e adolescencia. A Terra Cha é a súa primeira patria. Estuda, traballa e vive máis tarde en Compostela, que é como el mesmo di a súa segunda patria. Sempre foi un gran afeccionado á lectura, pero a súa inclinación pola escrita, …11,50€

Recensións


Noticias relacionadas

Para picar2011-06-28 10:50:54
Camiños na auga2016-04-01 09:05:17

Actividades relacionadas

"Comedia bífida"2008-04-01 12:00:00

Novidades

campus-morteCampus morteLito Vila Baleato
memoria-do-corpoMemoria do corpoXesús Rábade Paredes

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR