Manuel María

Manuel María Manuel María (Outeiro de Rei, Lugo, 1929 - A Coruña, 2004) vive a nenez e a adolescencia como calquera outro neno do mundo rural. Aos 19 anos pronuncia no Círculo das Artes de Lugo a súa primeira conferencia; intégrase na tertulia luguesa do café Méndez Núñez, invitado polo poeta Luis Pimentel, na que participan tamén escritores como Ánxel Xohán, Ánxel Fole, Ramón Piñeiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Álvaro Cunqueiro e Carballo Calero.

Convértese en editor na revista Xistral -onde publica os seus primeiros poemas en galego-, e escribe o seu primeiro poemario, Muiñeiro de brétemas, que sairá en 1950 na colección Benito Soto, de Pontevedra.
Inicia os estudos e prácticas de procurador dos tribunais, publica o seu segundo poemario e gaña o Premio Castelao de Poesía do Centro Galego de Buenos Aires. No verán de 1953 escribe a primera redacción de Terra Chá, que é un verdadeiro reencontro coa vida chairega e coas súas raigames labregas.

Na década de 1960, o compromiso de Manuel María lévao a participar en acontecementos como a presentación de Raimon e da Nova Canción Galega, a edición de discos en colaboración coa discográfica EDIGSA e a inauguración da Libraría Xistral. No eido creativo, a súa voz é cada vez máis comprometida e combativa: Versos para un país de minifundios, Versos para cantar en feiras e romaxes, remol e Canciós de lusco ao fusco.

Da súa ampla obra posterior, cómpre salientar Poemas ó outono (1977), A luz resucitada (1984), Oráculos pra cabaliños do demo (1986), As lúcidas lúas do outono (1988), A primavera de Venus (1993) e Brétemas do muiñeiro (2000).


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

Manuel María. Antoloxía Poética
mercar
Manuel María. Antoloxía poética
Esta antoloxía recolle unha mostra ampla da extensísima obra poética de Manuel María e da variedade dos seus temas e formas.12,00€
A berenguela
mercar
A berenguela
Un novo achegamento, dende a música e a voz, a unha das obras importantes de Manuel María.20,00€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

os-fios-de-infantilOs fíos de infantilÁngeles e Isabel Abelleira Bardanca
as-ruinas-de-europaAs ruínas de EuropaManuel Xestoso

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR