vieites

Manuel F. Vieites Manuel Vieites naceu en Lorbé (A Coruña) en 1956.

Licenciado en Filoloxía Xermánica e Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi, desde 1980 ata o 2005, profesor de Ensino Medio, desenrolando as súas funcións docentes no Instituto Politécnico de Vigo, do que foi director desde xullo de 2002. No ano 2005 asumiu a dirección da Escola Superior de Arte Dramático de Vigo.

Entre 1980 e 1992 desenrolou unha intensa actividade como animador teatral, actor e director en diversos proxectos entre os que hai que salientar o Taller de Teatro da Universidade Popular de Corcubión (A Coruña), a posta en marcha da Aula de Teatro da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB de Pontevedra (1986-1989), a participación na creación dos grupos de teatro infantil Katakrok e Kalandraka, cos que dirixe e actúa en máis de seis espectáculos entre 1988 e 1992, o Teatro de Ningures, compañía coa que dirixe dous espectáculos en 1985 e 1986. Ao mesmo tempo, e de forma continuada, imparte cursos de Pedagoxía teatral, Expresión dramática e Expresión teatral para diversos colectivos, entidades e institucións. Toda esta experiencia é o que lle leva no 2005 a asumir a dirección da Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.

É membro fundador da Asociación Nacional de Investigadores de Literatura Infantil e Xuvenil, socio da Sociedade Española de Historia da Educación e do Movemento de Renovación Pedagóxica "Nova Escola Galega". Desde 1996 pertence, como teatrólogo, á Asociación de Directores de Escena de España.

Forma parte dos Consellos de Redacción da Revista Galega de Teatro e da revista ADE-Teatro , editada pola Asociación de Directores de Escena de España. Foi director de Ensaio, revista de teatro de Galicia e do Norte de Portugal, dirixe o Anuario Galego de Estudos Teatrais , editado polo Consello da Cultura Galega. Exerceu a crítica teatral e literaria en diversos medios e é colaborador habitual do Faro de Vigo .

O seus intereses no ámbito da investigación teatral céntranse nos campos das políticas culturais, a Pedagoxía teatral ou a Teoría e a historia do teatro.

A partir do ano 2004 participa na edición da Biblioteca de Teatro que Editorial Galaxia pon en marcha, unha colección dirixida aos profesionales e estudosos do teatro ou o público xeral con este tipo de inquedanzas.

Dentro desta colección é autor de: Os estudos superiores de arte dramática, Técnicas de expresión oral. O uso expresivo da voz, O teatro, Análise e interpretación de textos dramáticos. Unha introdución e Introdución á dirección de escena


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

estudos superiores
mercar
Os estudos superiores de arte dramática
Editorial Galaxia e o IGAEM inician dentro da Biblioteca de Teatro unha nova serie baixo o epígrafe de Breviarios12,75€
o teatro
mercar
O teatro
O teatro como manifestación artística e cultural14,60€
analisis do teatro
mercar
Análise e interpretación de textos dramáticos. Unha introdución.
O texto dramático frente a outros discursos.13,95€
lugris teatro
mercar
Manuel Lugrís Freire. Do texto ao escenario
O presente volume analiza as achegas de Manuel Lugrís Freire no contexto de transformación e formulación de proxectos para a construción ou reconstrución da vida escénica, nun momento en que o sistema teatral en toda Europa estaba sometido a fondos cambios e verdadeiras revolucións.32,50€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR