manrique

Manrique Fernández (Sistallo, Cospeito, 1965) é xornalista e durante moito tempo foi xerente da Fundación Rogelio Groba. Da colaboración co compositor naceron a súa biografía oficial (Meditacións en branco e negro), un libro de conversas (Diabolus in musica), así como varias colaboracións como letrista de tres óperas (Floralba, Pedro Madruga. O noso Rei, e unha adaptación do conto de Perrault O gato con botas), unha cantata (Corpus en Ponteareas) e un réquiem (Samaín. Réquiem galego), entre outras obras. Amais é autor de Ponteareas máxica, recompilación de lendas tradicionais desta vila relatadas en verso, o libro de relatos Crónicas de Embora e a novela Tres feridas.  


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

hermes-aprendiz-de-mago
mercar
Hermes, aprendiz de mago
Velaquí a historia dun mago zoupón, que case que todo o que fai... sae mal.10,00€
diabolus
mercar
Diabolus in musica. Conversas con Rogelio Groba
A verba directa e contundente do mestre Groba a carón dunha escolma da súa música nun CD24,70€

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR