Foto LuiíG. Soto

Luís G. Soto A Coruña, 1956. É doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela e en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid. Desde 1989, é profesor titular de Filosofía Moral na Facultade de Filosofía da USC, da que foi decano (2005-2013). Foi redactor do Código Ético da USC (2007).
Publicou os libros: Outramente Barthes (1988), Paz, guerra e violencia (2003), Aristóteles (2003), a tradución para o galego, con Tareixa Roca, da Nova enciclopedia de bioética (G. Hottois e J. N. Misa, dirs., 2005), O espírito da letra (2008) e, en castelán, Teoría de la justicia e idea del derecho en Aristóteles (2011). En 2012, obtivo o Premio Carvalho Calero polo ensaio O labirinto da saudade.
Sobre Barthes realizou a tese de doutoramento Unha lectura de Barthes (1986) e coordinou os números monográficos internacionais das revistas Nova Renascença (1994), con José Augusto Seabra, e Agora, Papeles de Filosofía (2005).


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

Barthes filósofo
mercar
Barthes filósofo
XIV PREMIO RAMON PIÑEIRO 201415,50€
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR