inma

Inma López Silva Inma López Silva naceu en 1978 en Santiago de Compostela. É unha das novas narradoras galegas máis destacadas. A súa novela Neve en abril gañou o Premio Rúa Nova en 1996. Seguiron os relatos de Rosas, corvos e cancións. Con Concubinas obtivo o Premio Xerais 2002. No 2007 publicou New York, New York, diario dunha estadía na cidade norteamericana, que despois foi traducido para o castelán.

Desde moi nova soubo que a literatura sería a súa canle para ver e expresar o mundo. Moi pronto, no ano 96, gaña o Premio Rúa Nova, convocado pola Biblioteca Nova 33, de Santiago. Ese primeiro froito literario sorprendeu a lectores e crítica pola madurez que evidencia unha novela que recupera o drama nunca suficientemente contado da Guerra Civil. Neve en abril foi o libro que mereceu o dito galardón e que no 2005 renace en Galaxia como libro aberto a lectores de todas as idades, tamén aqueles que están a piques de comezar o seu percorrido pola vida adulta. Inma, ademais de escritora, destaca como crítica e investigadora teatral, colaboradora habitual en numerosas publicacións periódicas e científicas. Actualmente é profesora na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.

Coa novela Memoria de cidades sen luz, publicada por Galaxia, obtivo o Premio Blanco Amor 2007. Posteriormente foi recoñecida co premio AELG como mellor obra de narrativa 2008 e o Arcebispo San Clemente como mellor novela en galego 2008. En 2016 recibiu o Premio Insua dos Poetas como recoñecemento aos seus 20 anos de carreira literaria.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

chamame-senhora-pero-tratame-coma-un-senhor
mercar
Chámame señora, pero trátame coma a un señor
Memoria perosal do machismo na cultura17,00€
Aqueles días en que eramos malas
mercar
Aqueles días en que eramos malas
Unha monxa, unha puta, unha moza colombiana e unha funcionaria de prisións comparten o módulo de mulleres dun cárcere e viven xuntas encerro, rebelións, lembranzas e emocións.23,70€
Maternosofía
mercar
Maternosofía
Ou o embarazo da escritora primípara.
¿Hai equivalencia entre escribir e parir?
16,50€
tinta
mercar
Tinta
Unha selección de relatos escritos durante a primeira década do século XXI. A autora de 'Memoria de cidades sen luz' amosa nestes textos, de asunto aparentemente heteroxéneo, as teimas e paixóns dunha vocación literaria que atravesa eses dez anos cun pulo creador constante.14,50€
cidades
mercar
Memoria de cidades sen luz
Premio Blanco Amor 2007
Premio á mellor obra de narrativa da AELG
XV Premio Arcebispo San Clemente

Arredor de guerras e exilios, técense as vidas contadas nesta novela.
20,50€
neve en abril
mercar
Neve en abril
Premio Rúa Nova 1996

Unha melodía perdida no pasado.
7,50€
new york
mercar
New York, New York
New York, New York é un diario escrito co ritmo dos filmes norteamericanos e con banda sonora de Frank Sinatra.14,50€
foto
mercar
Rosas, corvos e cancións
Unha das novas voces da narrativa galega ofrécenos unha serie de relatos que arrecenden11,50€
abrente teatral
mercar
Un abrente teatral. As Mostras e o Concurso de Teatro de Ribadavia
Un completo e sistemático estudio do fértil movemento escénico xerado arredor das Mostras e Concursos teatrais dos anos 70 en Ribadavia.22,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas

Galaxia no CULTURGAL 082009-02-05 09:52:12
Fin de semana literaria2014-05-04 09:51:56

Actividades relacionadas


Novidades

o-segredo-das-burgasO segredo das burgasAndrés Pombo Graña

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR