Iñigo Echenique

Iñigo Echenique Naceu en 1957 en Vigo. É un apaixoado do mar e do que con el se relaciona. Navegante a vela e mergullador afeccionado, traballa como enxeñeiro naval proxectando barcos de moi diferentes tipos, desde buques escola ao primeiro Copa América español que regateou en augas de San Diego. Algúns dos seus deseños representaron o nome de Galicia. Tal é o caso do veleiro da clase 3/4 que gañou en 1993 e 1994 os campionatos do mundo como Galicia Calidade e Xacobeo ou da traiñeira coa que os remadores de Tirán se clasificaron en primeiro lugar no campionato de España de 1997.    

Sentindo curiosidade polos asuntos máis diversos, investigou con entusiasmo desde a hidrodinámica das aletas dos golfiños ao significado dun petroglifo de hai tres mil cincocentos anos. Entre 1985 e 1990 publicou numerosos artigos relacionados cos barcos de vela. Madeira de mar é o seu primeiro libro do que, ademais, realizou as ilustracións e os debuxos.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

foto
mercar
Madeira de mar. Apuntes sobre a gamela
Un libro singular froito de varios anos de investigación arredor dunha embarcación típica do sur de Galicia: a gamela.19,20€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

grial-227Grial 227 VV.AA.
9788491514916Flores de ferroMaría Rei Vilas
9788491515562TiAnjel Lertxundi

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR