haruki

Haruki Murakami Haruki Murakami (Kioto, Xapón, 1949), despois de realizar estudos universitarios, traballou durante oito anos como encargado dun bar de jazz en Toquio. Ao iniciar a súa carreira como novelista, marchou a vivir a Italia, Grecia e os EUA, onde foi profesor de literatura xaponesa na Universidade de Princeton. En 1995 volveu ao Xapón e actualmente vive en Toquio. É tradutor de Scott Fitzgerald, John Irving e Raymond Carver. Segundo el mesmo conta, a idea de escribir a súa primeira novela ocorréuselle mentres vía un partido de béisbol, deporte moi popular no Xapón. Escoita a voz do vento (1979) sería tamén a primeira novela da "Triloxía do rato". Entre as súas novelas máis coñecidas cómpre citar Norwegian Wood (1987) ou Kafka na beiramar (2002).

As súas obras están traducidas a máis de trinta idiomas e por elas recibiu recibiu prestixiosos premios como o Noma, o Tanizaki, o Yomiuri e o Franz Kafka e, en Galicia, o Arcebispo San Clemente, concedido por estudantes galegos.

Obtivo o Premi Internacional de Catalunya 2011 outorgado pola Generalitat "por convertir a súa obra nun referente destacado do panorama literario mundial e construír unha ponte entre Oriente e Occidente". E en 2015, o Hans Christian Andersen.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

1q
mercar
1Q84. Libros 1 e 2
Un dos proxectos máis ambiciosos do escritor xaponés27,40€
libro3
mercar
1Q84. Libro 3
Na terceira e última parte de 1Q84 Murakami continúa a historia de Aomame e Tengo22,95€
solpor
mercar
Tras do solpor
Un dos grandes escritores xaponeses contemporáneos.16,75€
falar
mercar
Do que estou a falar cando falo de correr
En 1982, tras deixar o local de jazz que rexentaba e decidir dedicarse a escribir, Haruki Murakami tamén comezou a correr.16,75€

Recensións


Noticias relacionadas

Outono de traducións2009-02-05 09:54:16
Murakami: primeiro en galego2009-05-28 10:53:04

Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR